Covadonga
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2013.) |
| Covadonga | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||
Covadonga (en asturiano: Cuadonga) é unha parroquia de Cangas de Onís no Principado de Asturias e forma parte do Parque Nacional dos Picos de Europa.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Posúe o conxunto monumental máis visitado de Asturias. É un santuario dedicado á Virxe de Covadonga (A Santina), conmemorativo da Batalla de Covadonga. Destacan a Santa Cova, a Basílica de Santa María a Real e o mosteiro de San Pedro, entre outros edificios.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O seu nome vén de «Cova de onnica» e significa o río da cova. O sufixo -onnica deriva do cético onna "río" e conforma na zona numerosos topónimos como Isongo "río Is", Triongo "tres ríos", Candongo "río branco" etc. A versión que fai vir o nome do latín «Cova Dominica» ou «Cova da Señora» (por estar o lugar dedicado ao culto da Virxe de Covadonga) é imposible, e daría Covadominga.
| A Galipedia ten un portal sobre: Asturias |

