Coco
| Valor nutricional por 100 g | |
|---|---|
| Enerxía | 354 kcal (1 480 kJ) |
15.23 g | |
| Azucres | 6.23 g |
| Fibra alimentaria | 9.0 g |
33.49 g | |
| Saturadas | 29.698 g |
| Monoinsaturadas | 1.425 g |
| Poliinsaturadas | 0.366 g |
3.33 g | |
| Triptófano | 0.039 g |
| Treonina | 0.121 g |
| Isoleucina | 0.131 g |
| Leucina | 0.247 g |
| Lisina | 0.147 g |
| Metionina | 0.062 g |
| Cistina | 0.066 g |
| Fenilalanina | 0.169 g |
| Tirosina | 0.103 g |
| Valina | 0.202 g |
| Arxinina | 0.546 g |
| Histidina | 0.077 g |
| Alanina | 0.170 g |
| Ácido aspártico | 0.325 g |
| Ácido glutámico | 0.761 g |
| Glicina | 0.158 g |
| Prolina | 0.138 g |
| Serina | 0.172 g |
| Vitaminas | Cantidade %DV† |
| Tiamina (B1) | 6% 0.066 mg |
| Riboflavina (B2) | 2% 0.020 mg |
| Niacina (B3) | 4% 0.540 mg |
| Ácido pantoteico (B5) | 6% 0.300 mg |
| Vitamina B6 | 4% 0.054 mg |
| Ácido fólico (B9) | 7% 26 μg |
| Vitamina C | 4% 3.3 mg |
| Vitamina E | 2% 0.24 mg |
| Vitamina K | 0% 0.2 μg |
| Minerais | Cantidade %DV† |
| Calcio | 1% 14 mg |
| Cobre | 22% 0.435 mg |
| Ferro | 19% 2.43 mg |
| Magnesio | 9% 32 mg |
| Manganeso | 71% 1.500 mg |
| Fósforo | 16% 113 mg |
| Potasio | 8% 356 mg |
| Selenio | 14% 10.1 μg |
| Sodio | 1% 20 mg |
| Cinc | 12% 1.10 mg |
| Outros constituíntes | Cantidade |
| Auga | 47 g |
| |
| †As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. Fonte: Base de datos USDA Nutrient | |


O coco[2][3] (Cocos nucifera) é unha palmeira duns 30 m de altura da familia Arecaceae. É a única especie do xénero Cocos. Chámase tamén coco ao seu froito.[4].
O nome da planta: coco, empregado en todas as linguas occidentais, vén do galego-portugués: côco (cranio, cabeza), e á súa vez do protocelta. Está tamén relacionado co personaxe mitolóxico do coco.
Distribución
[editar | editar a fonte]A planta pódese atopar nos areais da beiramar tropical [5] do mar Caribe, o océano Índico e o Pacífico. Cultivada, dáse noutras zonas de clima quente. Adoita medrar dende o ecuador até paralelos 28º de ambos os dous hemisferios, con algunhas excepcións como as illas Bermudas ou o arquipélago de Madeira no paralelo 32º, ou Illas Kermadec, entre os paralelos 29º e 31º.
Atura ben a salinidade e prospera con luz solar e humidade abondosas: entre 1500 mm e 2500 por ano de auga de choiva e humidade por riba do 60%. Sen estas, precisa chegar coas raíces á capa freática, pero non se pode anegar. En terreos areosos atura un mes sen choiva, ou até tres en terreos máis propicios. Na sombra dáse mal. Nos trópicos atópase en altitudes de até 600 metros. A acidez do solo debe estar entre 4,5 e 8 (isto último en arrecifes de coral) e, preferibelmente, entre 5,5 e 7. Pode resistir furacáns se o sistema radical está ben desenvolvido.
Os cocos salvaxes están restrinxidos á beira litoral, pois os seus froitos están adaptados para seren dispersados no oceano. Se se atopan cara o interior débese á intervención humana.
Descrición
[editar | editar a fonte]As follas desta planta son de gran tamaño ata os 3 m de longo e o seu froito, a noz de coco, contén a semente máis grande que existe. O coqueiro é unha soa especie con múltiples variedades, diferenciadas basicamente pola cor do froito (amarelo ou verde). As plantas só presentan diferenzas no talo. A característica común de todas elas é o sabor do froito: agradábel, doce, carnoso e zumarento. A importancia económica fixo que se comezase a cultivar nas praias tropicais, o lugar máis axeitado.
As flores do coco son poligamomonoecias, coas flores masculinas e femininas na mesma inflorescencia. O florecemento ocorre arreo, coas flores femininas producindo as sementes.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A etimoloxía da palabra coco é galego-portuguesa, cunha antiga orixe celta *krowkā-[6]. O nome do froito veulle dado polos navegantes portugueses durante a primeira viaxe de Vasco da Gama á India, cando trouxeron por vez primeira o coco a Europa. Segundo Losada, os mariñeiros déranlle o nome pola semellanza a unha cabeza ou coco (en galego e portugués) xa que semella unha face con dous ollos e unha boca aberta, moi semellante ao monstro 'côco', 'coca' ou 'cuca' do folclore galegoportugués (tamén a bugallo do carballo chámase coca en galego).[7][8] Aparentemente o nome 'coco' veu dos encontros en 1521 entre os mariñeiros portugueses e os moradores das costas do Índico, porque ningún nome semellante se atopa en calquera das linguas da zona, onde os portugueses apañaron o froito; de feito Barbosa, Barros e García, ao mencionaren o nome na lingua tamil-malaiam tenga e kanarés narle, din claramente, "chámamos eses froitos quoquos", "a nosa xente deulles o nome de coco" e "ao que nós chamamos coco e os de Malabar temga".
Orixes
[editar | editar a fonte]
A orixe da planta é descoñecida. Para algúns botanistas é de orixe asiática e para outros do Caribe. Sen ter en conta a súa orixe, os cocos téñense espallado a través de moitas das zonas tropicais do mundo, axudado probabelmente en moitos casos polo factor humano. O coco como é unha semente rexa, propágase a grandes distancias polas correntes mariñas, acadando a beiramar norueguesa.
Só se teñen atopado fósiles de coco en dúas rexións: Nova Zelandia e o centro-oeste da India, aínda que a identificación destes fósiles é difícil. O máis antigo (C. zeylandica) está datado no Mioceno de Nova Zelandia (entre 23 e 5,3 millóns de anos). Posteriores, e tamén en Nova Zelandia, hai moitos fósiles de froitos semellantes de afinidade incerta do Oligoceno, Eoceno e, posibelmente, Holoceno. Nos Trapps do Decán téñense atopados numerosísimos fósiles de froitos, follas e talos, incluídos morfotaxóns como Palmoxylon sundaran, Palmoxylon insignae e Palmocarpon cocoides.
Cultivo
[editar | editar a fonte]
A planta non atura o frío,[5] as grandes alturas, o afastamento do mar, os solos duros e escasos de sal. Pola contra axéitase a zonas con forte vento (que ademais é imprescindíbel para que as flores polinicen) e ao sal. Prefire áreas asolladas (do tipo tropical) e de precipitación regular (750 a 2.000 milímetros anualmente). Os cocos tamén necesitan de alta humidade ambiental (70-80%+) para o crecemento óptimo, polo tanto o coco non se desenvolve axeitadamente en áreas cálidas con humidade baixa (o mar Mediterráneo, as costas do norte de Chile e no Perú), incluso onde estas sexan temperaturas altas, sendo difícil que medren en climas secos. Porén si pode medrar en zonas subtropicais como as Illas Canarias, Hawai, Cabo Verde ou a Florida onde a humidade relativa é elevada e as temperaturas non acostuman baixar dos 10 °C.[9]
Utilidade
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: coco (drupa).
O coco fica entre as máis antigas plantas útiles e se explota de múltiples maneiras. Á polpa seca chámanlle copra e contén un 60-70% de lípidos; da copra obtense aceite, utilizado na elaboración de margarina e xabrón. A madeira do coco emprégase para a construción. Os habitantes de Filipinas, Polinesia, Kiribati e as Illas Marshall consomen o zume to tronco do coco fresco; fermentado, pode se conservar e transformar nun tipo de bebida alcohólica, coñecida coma viño de coco.
As fibras que arrodean a noz de coco utilízanse para facer cepillos, colchóns e cordas. Nas illas do Caribe, adóitanse abrir as noces de coco non chegadas cun machado para extraer a auga do froito que é unha bebida refrixerante. Esta auga pode ficar até oito meses no froito pechado e conservar todas as súas cualidades.
Produción
[editar | editar a fonte]Indonesia lidera a produción mundial de cocos no ano 2012, seguida de Filipinas e a India. Pollachi é a rexión coqueira máis salientábel da India. Tamén áchanse alí importantes industrias relacionadas: Tender Coconut Water, Copra, Coconut Oil, Coconut Cake, Coconut Toddy, Coconut Shell based Products, Coconut Wood based Products, Coconut Leaves, ou Coir Pith.
| Listaxe dos 12 principais produtores de coco o ano 2012 | ||||
|---|---|---|---|---|
| País | Toneladas | Nota ao pé | ||
| 18 000 000 | F | |||
| 15 862 386 | P | |||
| 10 560 000 | P | |||
| 2 888 532 | P | |||
| 2 000 000 | F | |||
| 1 250 000 | F | |||
| 1 100 000 | F | |||
| 1 050 000 | F | |||
| 900 000 | F | |||
| 585 000 | F | |||
| 580 000 | F | |||
| 430 000 | F | |||
| Mundo' | 59 983 908 | A | ||
| Sen letra = dato oficial, P = dato ofical, F = estimación FAO, * = Inoficial, semioficial, C = dato calculado, A = Agregatdo (pode incluír oficiais, semi-oficiais ou aproximacións), Fonte: Food And Agricultural Organization of United Nations: Economic And Social Department: The Statistical Devision Arquivado 19 de xuño de 2012 en Wayback Machine. Cocoteros S.A | ||||
Sinonimia
[editar | editar a fonte]Os nomes a seguir considéranse sinónimos de Cocos nucifera:[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sinónimos en Kew Consultado o 1 de agosto de 2009.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para coco.
- ↑ Algúns dicionarios e vocabularios específicos tamén recollen a forma coqueiro como é o caso de Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004
- ↑ Dicionario da Real Academia Galega Coco Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine.
- 1 2 Species Profiles for Pacific Island Agroforestry: Cocos nucifera (pdf file)
- ↑ Cf. Meyer-Lübke, Wilhelm (1911). Romanisches etymologisches wörterbuch. Heidelberg: Carl Winter's Universitätsbuchhandlung. pp. 183., s.v. crūca
- ↑ Losada, Fernando Díez. (2004). La tribuna del idioma. Editorial Tecnologica de CR. p. 481. ISBN 978-9977-66-161-2.
- ↑ Figueiredo, Cândido. (1940). Pequeno Dicionário da Lingua Portuguesa. Livraria Bertrand. Lisboa. (en portugués)
- ↑ Werth, E. 1933. Distribution, Origin and Cultivation of the Coconut Palm (in periodical: Ber. Deutschen Bot. Ges., vol 51, pp. 301–304) (artículp traducido al inglés por el Dr. Child, R. (Director, Coconut Research Scheme, Lunuwila))
- ↑ Sinónimos en Kew Consultado o 1º de agosto de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Coco |
| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Coco |