Brno
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| País | República Checa | |||
| Rexión da República Checa | Rexión de Moravia Meridional | |||
| Distrito da República Checa | Brno (distrito) (pt) | |||
| Capital de | Rexión de Moravia Meridional Moravian-Silesian country (en) Margraviato da Morávia (pt) Moravia South Moravia (en) Jihovýchod (en) Brno (distrito) (pt) Brno-Venkov (pt) Land of Moravia (en) Brno Region (en) | |||
| Contén a división administrativa | Brno-střed (en) Brno-Řečkovice a Mokrá Hora (en) Divišova čtvrť (en) Kamenná čtvrť (en) Kamenný Mlýn (en) Nové Moravany (en) | |||
| Poboación | ||||
| Poboación | 402.739 (2025) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 230,182739 km² | |||
| Bañado por | Svratka (en) | |||
| Altitude | 237 m | |||
| Comparte fronteira con | Popovice (Morávia do Sul) (pt) Lelekovice (pt) Chudčice (pt) Modřice Veverské Knínice (pt) Česká (pt) Ostrovačice Moravské Knínice (pt) Kanice (Morávia do Sul) (pt) Ostopovice (pt) Podolí (pt) Ochoz u Brna (pt) Kobylnice (pt) Bílovice nad Svitavou (pt) Sokolnice (pt) Moravany (pt) Šlapanice Mokrá-Horákov (pt) Popůvky (pt) Jinačovice (pt) Vranov (pt) Troubsko (pt) Veverská Bítýška Otmarov (pt) Rozdrojovice (pt) Rebešovice (pt) Hvozdec (Morávia do Sul) (pt) | |||
| Datos históricos | ||||
| Creación | 1243 (Gregoriano) | |||
Evento clave
| ||||
| Organización política | ||||
| • Xefe do goberno | Markéta Vaňková (2018–) | |||
| Membro de | Rede de cidades creativas (2017–) | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 602 00–664 81 | |||
| Fuso horario | ||||
| Outro | ||||
| Irmandado con | ||||
| Sitio web | brno.cz | |||
Brno é unha cidade do sueste da República Checa, situada na rexión de Moravia Meridional, na unión dos ríos Svitava e Svratka, a 40 km de Austria e 60 km de Eslovaquia. No ano 2019 tiña 406.878 habitantes, sendo a segunda cidade máis poboada do país despois da capital, Praga.
Historia
[editar | editar a fonte]Aínda que os asentamentos na conca de Brno remontan ós tempos prehistóricos, a data oficial de fundación é 1243, cando o rei de Bohemia outorga privilexios a esta aldea, permitindo o seu desenvolvemento. Na segunda metade do século XIII chegan alemáns, flamengos e valóns, e despois xudeus.
A inicios do século XVI integrase ao imperio austríaco. A mediados deste século inclínase pola reforma (protestantismo). Para contrarrestar instálanse na cidade varias ordes relixiosas, entre elas os Xesuítas e os Capuchinos.
Como praza forte, Brno destacou con éxito na súa resistencia contra os suecos en 1643 e 1645, e contra os prusianos en 1742.
No século XVIII Brno alberga industria téxtil e de enxeñaría. Chega o primeiro tren en 1839. Ós poucos perde as súas fortificacións e en 1850 deciden formar parte da cidade 32 municipios limítrofes. Convértese nun dos principais centros industriais de Austria cara ao final do século XIX.
O problema dos nacionalismos alemáns e checos agudízase a inicios do século XX. A maioría alemá no concello finaliza en 1919. Ao disolverse o imperio austro-húngaro, como consecuencia da primeira guerra mundial, Brno queda en Checoslovaquia. En 1992, cando se divide o estado, Brno permanece na República Checa. A anexión de parte de Checoslovaquia por Alemaña e as accións da segunda guerra mundial provocan a expulsión dos habitantes alemáns da cidade en 1945.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Aínda conserva Brno factorías do comezo da revolución industrial, o que lle val o sobrenome de Manchester checo. Outro interese turístico é a Vila Tugendhat, obra de Ludwig Mies van der Rohe, mostra sobranceira de arquitectura contemporánea, construída nos anos 1920 por encargo da familia dun importante empresario da vila, e declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 2002.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Brno |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial (en checo)
