Saltar ao contido

Banco

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Banco Central Europeo

Un banco é unha empresa financeira que encargase de captar recursos en forma de depósitos, prestar diñeiro, así como a prestación de servizos financeiros. A banca, ou o sistema bancario, é o conxunto de entidades ou institucións que, dentro dunha economía determinada, prestan o servizo dun banco. A internacionalización e a globalización promoven a creación dunha banca universal.

O día 4 de decembro celébrase o Día Internacional dos Bancos. A celebración foi instaurada pola Organización das Nacións Unidas (ONU) para recoñecer a función dos bancos na axuda a países para crear escolas, hospitais e na loita contra o cambio climático.[1]

Orixe do termo

[editar | editar a fonte]
Ambiente e aspecto típico dun banco en 1970.

Banco provén da palabra grega (trá‧pe‧za) que se traduce como banco e significa literalmente “mesa”. Nun contexto financeiro, como por exemplo o traballo dos cambistas, refírese ao mostrador para a transacción de diñeiro.[2]

Clases de banco

[editar | editar a fonte]

Segundo a orixe do capital:

  • Bancos públicos: O capital é achegado polo Estado.
  • Bancos privados: O capital é achegado por accionistas particulares.
  • Bancos mixtos: O capital fórmase con achegas privadas e públicas.

Segundo o tipo de operación:

  • Bancos correntes: Son os maioritarios comúns con que opera o público en xeral. As operacións habituais inclúen depósitos en conta, caixa de aforro, préstamos, cobros, pagos e cobros por contas de terceiros, custodia de artigos e valores, alugueiro de caixas de seguridade, financeiras etc.
  • Bancos especializados: Teñen unha finalidade crediticia específica.
  • Bancos de emisión: Actualmente presérvanse como bancos oficiais, estes bancos son os que emiten diñeiro.
  • Bancos centrais: Son as casas bancarias de categoría superior que autorizan o funcionamento de entidades crediticias, supervisan e controlan.
  • Bancos de segundo piso: son aqueles que canalizan recursos financeiros ao mercado, a través doutras institucións financeiras que actúan como intermediarios. Utilízanse fundamentalmente para canalizar recursos cara sectores produtivos.
  1. "Ao servizo dun planeta mellor", en La Voz de Galicia 3.12.2025.
  2. Perspicacia para comprender las Escrituras, volume I.