BIROS
| BIROS / FireBird 2 | |
|---|---|
Maqueta de BIROS | |
| Tipo | Científico |
| Organización | DLR |
| Contratistas principais | DLR-IOS, Astrofein |
| Data de lanzamento | 22 de xuño de 2016[1][2][3][4] |
| Foguete portador | PSLV-XL[5][2] |
| Sitio de lanzamento | Centro Espacial Satish Dhawan[5][2] |
| NSSDC ID | 2016-040F |
| Masa | 130 kg[5][2][4] |
| Datos orbitais | |
| Semieixo maior | 6869 km[1] |
| Inclinación | 97,2°[1] |
| Apoapse | 505,9 km[1] |
| Periapse | 491,4 km[1] |
BIROS (acrónimo de Bi-spectral InfraRed Optical System), coñecido tamén como Firebird 2, é un satélite artificial alemá lanzado o 22 de xuño de 2016 mediante un foguete PSLV-XL desde o Centro Espacial Satish Dhawan, na India.[5][2][4]
Características
[editar | editar a fonte]BIROS é un satélite lanzado coa misión de detectar incendios forestais desde órbita. É unha versión mellorada do satélite TET 1, co que comparte o sensor para detectar lume, e que usa o bus TET-X. BIROS leva a bordo tres cámaras de barrido, unha para o visible e as outras dúas para o infravermello, coas que detectar eventos de alta temperatura, como lume ou volcáns. Como cargas secundarias leva un terminal de comunicación óptica denominada OSIRIS (Optical Space Infrared Downlink System) para demostrar a capacidade de comunicación usando láser, chegando a velocidades de 1 Gbps, e o experimento de navegación óptica autónoma AVANTI (Autonomous Vision Approach Navigation and Target Identification), para o cal liberou o CubeSat BeeSat 4. BIROS ten unha masa de 130 kg.[5][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 "BIROS" (en inglés). 2022. Consultado o 3 de setembro de 2022.
- 1 2 3 4 5 6 NASA (27 de abril de 2022). "BIROS" (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2022.
- ↑ "Note verbale dated 5 September 2016 from the Permanent Mission of Germany to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (16-05621 (E)): 2. 7 de setembro de 2016. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de setembro de 2022. Consultado o 3 de setembro de 2022.
- 1 2 3 Mark Wade (2022). "BIROS" (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2022.
- 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "BIROS (FireBird 2)" (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: BIROS |