Saltar ao contido

Arredondo

Arredondo
 Nome oficial
    Arredondo (es)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Capital
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
620 (2001) rexistro civil
598 (2002) rexistro civil
569 (2004) rexistro civil
558 (2005) rexistro civil
547 (2006) rexistro civil
546 (2007) rexistro civil
532 (2008) rexistro civil
525 (2009) rexistro civil
517 (2010) rexistro civil
515 (2011) rexistro civil
522 (2012) rexistro civil
506 (2013) rexistro civil
507 (2014) rexistro civil
498 (2015) rexistro civil
480 (2016) rexistro civil
472 (2017) rexistro civil
470 (2018) rexistro civil
452 (2019) rexistro civil
452 (2020) rexistro civil
470 (2021) rexistro civil
471 (2022) rexistro civil
478 (2023) rexistro civil
477 (2024) rexistro civil
478 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   199 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   253 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   46,83 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   161 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código INE39007 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap344276 Editar o valor en Wikidata
VIAF316734449 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02rs948 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX459392
Wikidata C:Commons

Arredondo é un concello da comunidade autónoma de Cantabria. Está situado na comarca de Asón-Agüera. Limita cos concellos de Ruesga e Riotuerto polo norte, polo leste con Ruesga, polo sur con Soba e polo oeste con Ruesga e Miera.

O municipio atópase no pé do porto de Alisas, e polo territorio pasan os ríos Asón e Bustablado.

Localidades

[editar | editar a fonte]

Desde aquí emigraron numerosos indianos cara América, onde fixeron fortuna e volveron con grandes ganancias e riquezas. Este municipio estivo vinculado enteiramente con Ruesga, posto que no ano 1822 pertencía a ese réxime señorial, en concreto á Casa dos Velasco. Trala formación de ambos concellos, o territorio de Ruesga quedou divido en dúas zonas, e Arredondo, unha delas, quedou practicamente rodeada por Ruesga.

Núcleo de poboación

[editar | editar a fonte]

Arredondo é localidade e capital municipal, e está a unha altitude de 161 metros sobre o nivel do mar. No 2008, a localidade contaba cunha poboación de 242 habitantes (Instituto Nacional de Estadística). Está situada a unha distancia de 45 quilómetros da capital cántabra Santander.

Cabe mencionar o Centro Ictiolóxico, un centro de cultivo de salmóns que estuda os ecosistemas fluviais.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Dous son os bens de interese cultural, con categoría de monumento, deste municipio:

  • A igrexa rupestre de San Xoán, en Socueva, nun farallón calcario dominando o pobo de Socueva. As paredes que non son de pura rocha están feitas de cachotería. Ten unha nave e unha ábsida con bóveda de forno, separado por un arco triunfal de ferradura. Conserva restos da mesa de altar e o seu soporte. Pertence ao século IX.
  • A igrexa parroquial de San Pelaio, na capital municipal, do século XIX de arquitectura neoclásica.

Economía

[editar | editar a fonte]

Un 42,9 % da poboación de Arredondo emprégase no sector primario, un 10 % na construción, un 9 % na industria e un 38,1 % no sector terciario.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Evolución demográfica
190019101920193019401950196019701980199020002005
1.5381.5271.4961.5431.3701.3611.2161.052812788635558

Fonte: INE

Administración

[editar | editar a fonte]

Nas seguintes táboas amósanse os resultados das eleccións municipais celebradas en 2003 e 2007.

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
PartidoVotos %Concelleiros
PP 262 55,74 % 4
PRC 146 31,06 % 2
PSOE 58 12,34 % 1
  • Alcalde electo: José Luis Revuelta (PP).
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
PartidoVotos %Concelleiros
PRC 213 46,20 % 4
PP 202 43,82 % 3
  • Alcalde electo: Luis Alberto Santander Peral (PRC).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]