Saltar ao contido

Alxeciras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alxeciras
 Nome orixinal
    Algeciras (es)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Algeciras (es)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Características
 Economía
Implicados
 Xefe do goberno
Historia
 Historia
 Substitúe
Al-Yazira al-Jadra (711 - 1379) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Continente
 Comparte fronteira con
 Irmandado con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
105.066 (2001) rexistro civil
106.710 (2002) rexistro civil
108.779 (2003) rexistro civil
109.665 (2004) rexistro civil
111.283 (2005) rexistro civil
112.937 (2006) rexistro civil
114.012 (2007) rexistro civil
115.333 (2008) rexistro civil
116.209 (2009) rexistro civil
116.417 (2010) rexistro civil
117.810 (2011) rexistro civil
116.917 (2012) rexistro civil
114.277 (2013) rexistro civil
117.974 (2014) rexistro civil
118.920 (2015) rexistro civil
120.601 (2016) rexistro civil
121.133 (2017) rexistro civil
121.414 (2018) rexistro civil
121.957 (2019) rexistro civil
123.078 (2020) rexistro civil
122.982 (2021) rexistro civil
122.368 (2022) rexistro civil
123.639 (2023) rexistro civil
124.978 (2024) rexistro civil
126.589 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   61.837 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   60.120 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   86 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   20 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal11200–11209 Editar o valor en Wikidata
Código INE11004 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap342446 Editar o valor en Wikidata
VIAF143123821 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01z97k Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Enciclopedia Galega Universal: 71522 BNE: XX451589
Wikidata G:Commons C:Commons
Porto de Alxeciras.

Alxeciras[1] (en castelán: Algeciras) é unha cidade e municipio do sur de España, situado no Campo de Xibraltar, provincia de Cádiz, Andalucía.

Está situada na baía de Alxeciras, un enclave xeográfico estratéxico por acharse no estreito de Xibraltar, lugar de contacto entre o mar Mediterráneo e o océano Atlántico. Esta situación fixo que posea o porto marítimo con maior tránsito de persoas e mercancías entre Europa e África, concretamente entre España e Marrocos[2].

Alxeciras con 121.414 habitantes é o décimo municipio de Andalucía e o segundo da provincia en termos de poboación, tras Xerez da Fronteira e por diante da capital provincial, Cádiz.[3]

Toponimia

[editar | editar a fonte]
Imaxe satélite da Cidade de Alxeciras.

O nome Algeciras procede do árabe الجزيرة الخضراء Al-Yazira al-Jadrā', "a illa verde", pola illa que se encontraba na súa costa antes de ser anexionada polo porto.[4] Tamén podería proceder de الجزائر Al-Yazā'ir ("as illas"). Este nome naceu no ano 711 cos primeiros musulmáns que chegaron á Península Ibérica. Anteriormente, na época romana a cidade situada no que actualmente é o centro da cidade denominouse Iulia Traducta, nome que fai referencia a que foi poboada por disidentes ao Imperio Romano procedentes de Tánxer. Aparece designada tamén como Tingentera, interpretada como Tingis altera ou "a outra Tingis", e como Iulia Ioza en púnico.[5]

O xentilicio é "alxecireño-a". Como outras cidades da zona (La Línea, Xibraltar, Ceuta etc.) os seus cidadáns teñen un xentilicio particular popular, así aos alxecireños chámanselle "especiales", segundo pode ser, porque na zona dábase no pasado un viño chamado Especial.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Evolución demográfica
1920193019401950196019701981199120002008
19.41721.43125.67152.73266.31781.66286.042101.556104.087115.333

Economía

[editar | editar a fonte]

Alxeciras é o motor comercial da comarca. As súas industrias principais son a petroquímica e a pesca. O porto de Alxeciras é o máis importante de España en tráfico total de mercadorías, cun movemento total de 74,8 millóns de toneladas en 2008.[6]

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]
Praza Alta de Alxeciras e igrexa da Palma

Arqueoloxía

[editar | editar a fonte]
  • Fornos Romanos de El Rinconcillo
  • Factoría de salgaduras da rúa San Nicolás (s.I)
  • Restos da Mesquita Aljama (s.VIII)
  • Parque Arqueolóxico das Murallas Meriníes (s.XIII)

Arquitectura civil

[editar | editar a fonte]
  • Praza Alta de Alxeciras
  • Praza Juan de Lima
  • Vila Vella de Alxeciras
  • Acueduto de Alxeciras
  • Mercado de abastos de Alxeciras
  • Escola de arte

Arquitectura relixiosa

[editar | editar a fonte]
  • Capela de Nosa Señora de Europa
  • Igrexa de Nosa Señora da Palma
  • Capela da Caridade
  • Capela do Santo Cristo da Alameda

Zonas verdes

[editar | editar a fonte]
  • Parque María Cristina
  • Parque das Acacias
  • Parque do Saladillo
  • Parque do Centenario
  • Museo municipal de Alxeciras
  • Museo de Arte Sacra
  • Teatro Florida
  • Fundación Municipal de Cultura José Luis Cano
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alxecireño. Consultado o 28-12-2013.
  2. "Memoria anual do Porto de Alxeciras 2008" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de maio de 2009. Consultado o 02 de novembro de 2009.
  3. Algeciras supera a Cádiz y es ya la segunda ciudad de la provincia, artigo en Europa Sur (en castelán).
  4. Henrique Florez (1752). España Sagrada: Theatro geographico-histórico de la Iglesia de España. Oficina de Antonio Marín. p. 36.
  5. Pascual Madoz (1845). Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar. Establecimiento Literario-tipográfico de P. Madoz y L. Sagasti.
  6. "O porto de Alxeciras segue liderando o Sistema Portuario Español". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2009. Consultado o 25 de decembro de 2009.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]