Saltar ao contido

A tempestade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A tempestade
Imaxe
 Instancia de
 Título
The Tempest (en) Editar o valor en Wikidata
 Xénero artístico
 Forma artística
 Lingua
Obras e produtos
Implicados
 Autor/a
Organizacións
 Editorial
Datas
 Fundación / creación
1611 Editar o valor en Wikidata
 Período
 Data de publicación
1623 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar estrea
 País de orixe
Identificadores
VIAF310216967 Editar o valor en Wikidata
Goodreads1359590 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL362699W Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0g1jf5 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Obra dispoñible en
 Descrito pola fonte
IBDB: 8555 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A tempestade[1] (en inglés: The Tempest) é unha obra de teatro de William Shakespeare, probablemente escrita arredor dos anos 1610 ou 1611, e crese que foi unha das últimas obras que Shakespeare escribiu só.

Logo da primeira escena, que ten lugar nun barco no medio do mar durante unha tempestade, o resto da historia está ambientada nunha illa remota, onde o bruxo Prospero, unha personaxe complexa e contraditoria, vive coa súa filla Miranda, e os seus dous servos: Caliban, unha figura salvaxe e monstruosa, e Ariel, un espírito. A obra contén música e cancións que evocan o espírito de encantamento da illa. Explora temas como a maxia,a traizón, a vinganza e a familia. No acto catro, unha voda enmascarada serve para facer unha obra dentro da obra, e contribúe no espectáculo, na alegoría e nunha linguaxe elevada.

Malia que A tempestade é clasificada en First Folio como a primeira das comedias de Shakespeare, contén á vez temas tráxicos e cómicos, e a crítica moderna creou unha categoría de romance para esta e outras das últimas obras de Shakespeare. A tempestade foi suxeito de diversas interpretacións, entre as cales están os que a consideran unha fábula da arte e da creación, con Prospero representando a Shakespeare, e a renuncia de Prospero á maxia como a despedida de Shakespeare dos escenarios. Tamén hai quen interpreta que é unha alegoría do colonizador europeo na conquista de terras estranxeiras.

Edicións

[editar | editar a fonte]

En 2003 Editorial Galaxia publicou a tradución ó galego de Miguel Pérez Romero.[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]