13 de xaneiro
Aparencia
| << | Xaneiro | >> | ||||
| Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
| 1 | 2 | 3 | 4 | |||
| 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
| 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
| 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
| 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | |
| 2026 Todos os días | ||||||
O 13 de xaneiro é o 13º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 352 días para finalizar o ano, 353 nos anos bisestos.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1750 - España e Portugal asinan o Tratado de Madrid, definindo novos límites dos seus territorios en Suramérica
- 1854 - Anthony Foss, músico belga, patenta o acordeón
- 1916 - Iníciase no Iucatán (México), o I Congreso Feminista Nacional.
- 1953 - Josip Broz Tito é escollido presidente da Iugoslavia
- 1986 - Stephen P. Synnott descobre as lúas Belinda, Rosalinda e Desdémona do planeta Urano, a partir de imaxes tomadas pola sonda espacial Voyager 2.
- 1998 - A Discoverer Enterprise racha as estachas de madrugada e vai bater contra a Ponte das Pías, deixando a Ferrol sen a súa principal vía de comunicación.
- 2018 - En Hawai, (Estados Unidos de América), envíase por erro unha alerta nuclear.[1]
Nacementos
[editar | editar a fonte]
- 915 - Al-Hakam II, califa cordobés (f. 976).
- 1596 - Jan van Goyen, pintor holandés (m. 1656).
- 1749 - Friedrich Müller, poeta e pintor alemán (m. 1825).
- 1785 - Karl Adolf Agardh, botánico e bispo sueco (m. 1859).
- 1822 - Antonio María de la Iglesia, escritor galego (m. 1892).
- 1850 - Hermann Möller, lingüista e filólogo dinamarqués (m. 1923).
- 1864 - Wilhelm Wien, físico alemán, Premio Nobel de Física (m. 1928).
- 1879 - Melvin Jones, fundador do Lions Club Internacional (m. 1961).
- 1891 - José Juan Pérez Gómez, xornalista e escritor galego (m. 1947).
- 1901 - Carmen Prieto Rouco, poetisa e dramaturga galega (m. 1977).
- 1902 - Karl Menger, matemático austríaco (m. 1985).
- 1924 - Paul Feyerabend, filósofo da ciencia austríaco (m. 1994).
- 1927 - Sydney Brenner, biólogo surafricano, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina.
- 1938 - Gregorio Peces-Barba, político e xurista español (m. 2012).
- 1958 - Francisco Buyo, futbolista galego.
- 1961 - Anxo Angueira, escritor galego.
- 1970 - Marco Pantani, ciclista italiano (m. 2004).
- 1972 - Rafael Cuíña, empresario e político galego.
- 1977 - Orlando Bloom, actor británico.
- 1980 - María de Villota, piloto de fórmula 1 española. (m. 2013)
Mortes
[editar | editar a fonte]
- -86 - Caio Mario, político e militar romano (n. -157).
- 1852 - Fabian Gottlieb von Bellingshausen, mariño e explorador ruso (n. 1778).
- 1865 - Vicente Turnes del Río Maldonado, escritor e xornalista galego (n. 1786).
- 1891 - Manuel Alonso Martínez, xurista e político español (n. 1827).
- 1893 - José de la Cuesta Crespo, xurista, escritor e xornalista galego (n. 1849).
- 1906 - Luis Taboada, escritor galego (n. 1848).
- 1906 - Alexander Stepanovich Popov, físico ruso (n. 1859).
- 1932 - Sofía de Prusia, raíña consorte grega (n. 1870).
- 1941 - James Joyce, escritor irlandés (n.1882).
- 1957 - Aureliano Pardo Villar, frade e escritor galego (n. 1882).
- 1963 - Ramón Gómez de la Serna, escritor español (n. 1888).
- 2001 - Amando de Ossorio, director de cinema de terror galego (n. 1918).
- 2001 - Armando Durán Miranda, óptico e científico galego (n. 1913).
- 2002 - Amparo Montes, cantante mexicana (n. 1925).
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]Santoral
[editar | editar a fonte]Outros
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «Causa pánico falsa alerta de misil balístico en Hawái» Arquivado 13 de xaneiro de 2020 en Wayback Machine., artículo publicado el 13 de enero de 2018 en el sitio web Cuba Sí (La Habana).
- ↑ "Os adhesivos do século XIX ata hoxe", en La Voz de Galicia 14.01.2026.