PREFIXOS DE ORIXE GREGA
an- , a- Negación , privación Acéfalo , anárquico
anfi- Dunha a outra parte Anfibio , anfiteatro
anti- Posición contraria , oposición Anticonceptivo , antiaéreo
Arqui-, arce-, arci- Superioridade Arquipélago , arcebispo
di- dous Diteísmo , díptero
dia- Movemento a través Diacronía , diagrama
dis- Dificultade , anomalía Disfunción , dislexia
endo- interior Endosfera , endogamia
eu- Ben , bo Eutanasia , eufónico
hiper- Posición superior , exceso Hiperenxebrismo , hipertrofia
hipo- Posición inferior , escaseza Hipocentro , hipocorístico
orto- correcto Ortopedia , ortografía
meta- Alteración , posterioridade Metamorfose , metatarso
para- Contigüidade , á beira de Parafarmacia , paramilitar
peri- Arredor de Periscopio , perífrase
poli- Varios , moitos Polisílabo , politeísta
sin- Simultaneidade , compañía Simbiose , sintonía