0% encontró este documento útil (0 votos)
44 vistas36 páginas

Tema 8

Tema 8. Lingua Galega. 1º ESO
Derechos de autor
© © All Rights Reserved
Nos tomamos en serio los derechos de los contenidos. Si sospechas que se trata de tu contenido, reclámalo aquí.
Formatos disponibles
Descarga como PDF, TXT o lee en línea desde Scribd
0% encontró este documento útil (0 votos)
44 vistas36 páginas

Tema 8

Tema 8. Lingua Galega. 1º ESO
Derechos de autor
© © All Rights Reserved
Nos tomamos en serio los derechos de los contenidos. Si sospechas que se trata de tu contenido, reclámalo aquí.
Formatos disponibles
Descarga como PDF, TXT o lee en línea desde Scribd

8.

Heroes de tinta chinesa

1
2
O proxecto
Xa estamos en disposición de crear a nosa historieta despois dun intenso traballo de
guionización, argumentación e preprodución.

Tras un proceso, con certeza, moi laborioso podemos coller lapis, bolígrafo, rotulador ou pincel
e comezar a reflectir en viñetas os bosquexos e as ideas que fomos deseñando.

Deberemos aproveitar, na parte técnica, todas as ensinanzas que contén esta mesma unidade
no apartado de Educación literaria. No tocante á produción, coa axuda da profesora ou profesor
deberemos aplicar unha serie de estratexias para dar a coñecer o traballo que viñemos
realizando durante semanas.

Dividiremos o traballo da seguinte maneira:

Debuxantes/ilustradores. O equipo que se encargue do traballo gráfico desenvolverá a


parte técnica: composición das viñetas, deseño das escenas (decorado, personaxes,
globos de texto etc.), coloreado...

Editores/escritores. O equipo que se encargue dos textos debe comprobar que cada
escena das viñetas se corresponda co texto prefedinido para cada unha delas. Despois,
unha vez as viñetas van sendo finalizadas, as mellores «plumas» encargaranse de
trasladar os textos aos lugares indicados (globos de diálogo, caixas de texto, textos de
apoio e onomatopeas).

É moi importante que, previamente, ilustradores e escritores realicen varias probas para
determinar o espazo necesario para os textos nos lugares reservados para eles e evitar,
desta maneira, que ao introducir o texto nos globos e caixas este non nos caiba.

Produtores. Un cómic finalizado é un traballo de mérito, mais non é nada se non ten
lectores. Por iso é importante definir unha estratexia de promoción do traballo:
publicación en blog, entrevistas para difundir todo o proceso, creación de carteis
publicitarios, gravación de vídeos co equipo técnico etc. Calquera estratexia que se nos
ocorra será positiva e contribuirá ao éxito do proxecto.

Mans á obra!

3
4
Antes da lectura, reflexionamos!
Que importancia ten para ti escoller unha imaxe que represente fielmente un relato? Conxugar
imaxe e texto nunha única escena paréceche algo sinxelo? Máis sinxelo ou máis complexo que
expresalo só a través da palabra? Canto tempo cres que pode levar o proceso de crear un cómic?

Le na seguinte ligazón un fragmento da banda deseñada de Miguelanxo Prado A


mansión dos Pampín.

5
Miguelanxo Prado, A mansión dos Pampín. Norma
Editorial/COAG, 2004.

6
A formación de substantivos e
adxectivos
Na unidade 2 xa estudamos dous dos procedementos máis produtivos para formar
palabras: a derivación e a composición.

Dentro do primeiro dos mecanismos, a derivación mediante sufixos é altamente


rendible á hora de crear novos substantivos e adxectivos con base nunha palabra xa
formada.

A continuación, veremos algúns dos casos máis comúns segundo o significado que lle
achega o sufixo á base orixinal.

Lembra...
A derivación é un mecanismo de formación de palabras polo que a un lexema se lle engaden
morfemas por diante (prefixos) e por detrás (sufixos) dela: zapat-aría, trist-eiro, in-capaz.

A composición é outro procedemento de formación de palabras que consiste en unir dúas


palabras xa existentes: crebacabezas, xentilhome.

Sufixos formadores de substantivos

7
Sufixos colectivos
Designan un conxunto: -al (area > areal), -axe (rama > ramaxe), -ado / -edo (viña >
viñedo), -aría (libro > libraría)...

Sufixos cuantitativos
Indican cantidade: -ada (culler > cullerada).

Sufixos locativos
Poden expresar:

O lugar onde abunda ou se cultiva algo: -al (seixo > seixal, pataca > patacal), -
edo / -ido (codeso > codesido).

O lugar onde se realiza unha actividade: -eiro (semente > sementeiro).

O local en que se desenvolve unha actividade profesional: -aría (peixe >


peixaría, flor > floraría), -ado (xulgar > xulgado).

O local ou construción onde se garda algo ou se vive: -ario (reliquia > relicario,
herba > herbario), -eiro (galiña > galiñeiro, palla > palleiro)...

Sufixos temporais
-ado / -ada (inverno > invernada, reino > reinado).

Sufixos de acción
-ada (cabeza > cabezada, parvo > parvada), -aría (tonto > tontaría), -axe (carretar >
carretaxe), -eira (asno > asneira), -ncia / -nza (tolerar > tolerancia, nacer > nacenza), -ón
(esvarar > esvarón), -mento (adestrar > adestramento)...

Sufixos ocupacionais
Dan conta de profesións ou especialidades: -án / -á (capela > capelán), -ario / -aria
(botica > boticaria), -aría (ourive > ourivaría), -ado (comisión > comisionado), -eiro
(zapato > zapateiro), -nte (cantar > cantante)...

8
Sufixos formadores de adxectivos

Caracterizadores
Sufixos caracterizadores

-aco (elexía > elexíaco), -ado / -ido (barba > barbado, dor > dorido), -al (zona > zonal), -
eiro (preguiza > preguiceiro), -ento (balor > balorento), -ico (alcol > alcólico), -il (cacique
> caciquil), -ivo (intenso > intensivo), -nte (saír > saínte, crer > crente), -ón (esvarar >
esvarón), -oso (amor > amoroso), -udo (pelo > peludo)...

Xentílicos
Sufixos xentílicos

Expresan orixe ou procedencia: -aco (Polonia > polaco), -án / -á (Ourense > ourensán),
-ano / -ana (Colombia > colombiano), -ao (Burela > burelao), -ego (chaira > chairego), -
eiro (brasil > brasileiro), -ense (Buenos Aires > bonaerense), -és (Portugal >
portugués)...

9
Lembra...
A derivación mediante sufixos, tanto para formar substantivos como adxectivos, pode facerse
desde a base dun substantivo:

Ou a partir dun verbo:

A sufixación para formar novos substantivos tamén se pode facer con base nun adxectivo:

Francotiradores de cadriños
Os creadores que autoeditan o seu traballo representan unha tendencia
importante entre os novos nomes da BD

10
Durante moito tempo Miguelanxo Prado definiu a situación da banda deseñada galega
como un espazo de francotiradores. Autores que desenvolvían o seu traballo de xeito
illado buscando daren a coñecer a súa arte. Aínda que as cousas mudaron ao longo
dos anos, nas novas voces da nosa banda deseñada non faltan tampouco creadores
que apostan pola autoedición individual para desenvolveren os seus proxectos neste
campo.

A facilidade técnica crecente, a baixada de custos, a existencia dun pequeno circuíto de


espazos para mover o seu produto, a ansia por aprender en contacto co público ou,
como non, a ausencia de oportunidades convencionais. Os motivos que levan a un
creador de banda deseñada a editar el mesmo a súa obra poden ser moi variados.
Sexa polo que for, nos últimos anos unha serie de autores do noso país está a apostar
por este xeito de difundir o seu traballo, e non semellan descontentos co resultado.

Cristian F. Caruncho. O Benxamín


Cristian Fojón Caruncho leva desde hai anos a apostar pola autoedición en liña e en
papel para promover as súas bandas deseñadas. Segundo explica, «desde moi
pequerrecho me prestou debuxar. Lembro que xa con cinco anos pasaba o día
pintando todo canto papel houbese pola casa, e sempre pensei que ser debuxante
debía ser xenial. Debuxar e maila BD son dúas das miñas meirandes paixóns, así que
tentarei vivir delas» explica. No traballo de Caruncho, a temática nidiamente galega e a
ambientación rural mestúrase coa estética e os recursos narrativos propios do manga.

Fernando Castro. A volta á BD


Fernando Castro dábase a coñecer o pasado Viñetas desde o Atlántico de 2014 como
autor de banda deseñada. A diferenza doutros creadores, trátase neste caso dun
autor que xa ten certa idade, 37 anos, pero que atopou agora o momento de

11
desenvolver esta súa faceta. «A afección pola lectura e a vocación de escribir e
debuxar BD vén de moi cativo. Ata os doce anos debuxaba e escribía cómics
continuamente». A dedicación á música substituíu as inquedanzas pola plástica
durante moito tempo ata que «hai un par de anos, cando xa levaba tempo a idea
roldando pola miña cabeza, decidín investir o esforzo e o tempo en retomar o debuxo
para poder facer os meus cómics». Así naceu Gris, un ambicioso proxecto autoeditado
que consiste nunha única historia que se presenta nunha serie de fanzines.

Outros nomes reafirman o bo momento da banda deseñada autoeditada, como no


caso de Kike J. Díaz, co seu debut Nordés, un ambicioso álbum de 64 páxinas a toda cor
que amosaba no verán de 2014. Uns meses antes, en novembro de 2013, Marcos B.
debutaba co seu álbum Las aventuras de M&M: El Caserón del Acantilado, unha aventura
dirixida ao público xuvenil na que se deixan sentir as pegadas dos clásicos da banda
deseñada francobelga. Outros autores que se afianzaron a partir do seu propio
traballo como editores é o dúo creativo Los Bravú (Dea Gómez e Diego Omil). Estes
mariñenses publicaron fanzines dunha marcada liña underground, explorando os
límites narrativos e expresivos da BD.

Así pois, atopamos na Galicia actual un panorama de autoeditores de banda deseñada


do máis variado. Neste campo mestúranse as propostas narrativas máis
experimentais con aventuras de corte clásico para os máis novos, e pasando por obras
de xénero. En canto a formatos, temos desde as edicións máis profesionais, cun
coidado deseño e impresión ata apostas deliberadas polo fanzine máis convencional e
a fotocopia. Con creadores convencidos en moitos casos das vantaxes deste xeito de
traballar, semella que hai que contar coa autoedición para moitos anos aínda na nosa
BD.

[Link], 29 de abril de 2015 (adaptación).

12
A banda deseñada

A banda deseñada, ou cómic, é unha narración desenvolvida mediante unha serie de deseños
que representa unha historia ou situación.

A característica máis notable das bandas deseñadas é que a historia que contan
adoita combinar imaxe e texto escrito. Esta historia disponse xeralmente en
rectángulos secuenciais, tamén denominados viñetas ou cadradiños.

Polo tanto, podemos incluír o cómic dentro dos subxéneros narrativos (xunto cos
contos e as lendas, que xa estudamos na unidade anterior). Así e todo, o equilibrio
entre imaxe e texto que acostuma darse neste subxénero, ás veces é desnivelado en
favor da imaxe, pois existen bandas deseñadas onde os debuxos son protagonistas
exclusivos ao careceren de contido verbal.

Características da banda deseñada


As viñetas dunha banda deseñada adoitan incluír elementos moi variados co fin de
crear sensacións diversas e para acadar diferentes obxectivos.

Texto verbal. Algúns recursos teñen a función de introducir a voz do


narrador (a caixa de texto); outros, axudan a reflectir a situación temporal
e espacial (os textos de apoio). Por outra parte, os globos de diálogo
recollen as palabras e os pensamentos dos personaxes ou as conversacións
entre eles, indicando cunha cola que personaxe está a falar. Os contornos
destes globos poden ser diferentes, segundo o que se desexe indicar:

13
14
A orde en que se len os globos é de esquerda a dereita, e de arriba a abaixo. Ás
veces, mesmo se pode debuxar só unha liña en vez de globo. En calquera caso, o
importante é que a tipografía (a fonte do texto) sexa lexible, pois do contrario a
persoa lectora non fará o esforzo de continuar lendo.

Outro recurso vital para o cómic é o manexo das onomatopeas, que son
transcricións fonéticas de sons e ruídos da contorna. Algunhas son xa universais,
mais tamén se poden inventar ruídos a partir de palabras, tal e como se aprecia
na imaxe da dereita.

Imaxes. As viñetas tamén incorporan os deseños dos personaxes e dos


espazos onde transcorre a acción. Algúns elementos cinéticos, como as liñas
cinéticas e as estruturas compositivas das viñetas, cumpren a función de
indicar os movementos dos personaxes e dos elementos que os rodean.
Fixádevos:
15
Exemplo de liñas cinéticas. Esbozo dunha viñeta de
"Sociedade cúbica" de Xeno.

Por outra parte, tamén destaca o recurso das imaxes icónicas ou metáforas
visuais, que sintetizan unha idea e representan graficamente aquilo que non se
pode debuxar (enfado, sono, amor...).

16
17
18
Fabien Vehlmann e Frantz Duchazeau, Os cinco narradores
de Bagdad.
Faktoría K, 2008.

19
Ángulos de visión e tipos de planos
Na banda deseñada tamén cobran grande importancia dous aspectos: o ángulo de
visión e os tipos de planos.

O ángulo de visión
é a perspectiva
desde a que se
observa a acción.
Este punto de vista
permite darlle
profundidade e
volume á viñeta, así
como provocar
sensación de
grandeza ou
pequenez. Pode ser:
Ángulo
medio ou
natural. A
imaxe
sitúase á
altura dos
ollos do
personaxe.

Ángulo
picado. A
acción
cáptase
desde
arriba.
Adoita
Álex Cal e David Digilio,
usarse para
Vento do Norte. El Patito, 2010.
empequenecer o personaxe ou para ridiculizalo.

Ángulo contrapicado. A imaxe vese desde abaixo. Busca producir unha


sensación de superioridade, grandiosidade ou poderío.

O plano é a superficie visual en que se representa un fragmento da realidade.

20
Existen varios tipos de planos:

Plano panorámico. Presenta o escenario onde transcorre a acción. Os


personaxes están ausentes ou apenas se perciben.

Plano xeral. Ten dimensións semellantes á figura do personaxe, encadrándoo


da cabeza aos pés e presentando algunha información sobre o contexto. A
figura humana cobra protagonismo. Tamén se denomina plano enteiro (o
personaxe aparece de corpo enteiro) ou de conxunto (cando aparecen varios
personaxes).

Plano americano.
Trátase dun plano
intermedio que
encadra os
personaxes desde a
altura dos xeonllos.
Serve para amosar
as súas accións, alén
dos trazos das súas
facianas.

Plano medio. O
espazo recórtase á
altura da cintura do
personaxe, cuxa
expresión é
resaltada.

Primeiro plano.
Selecciónase o
espazo desde a
cabeza ata os
ombreiros do
personaxe, polo que
sobresaen os seus
trazos expresivos.

Plano detalle.
Álex Cal e David Digilio,
Céntrase nunha Vento do Norte. El Patito, 2010.
parte do corpo do
personaxe ou nun obxecto.

O tipo de plano que se emprega nunha viñeta constitúe o seu encadramento.

21
Lembra...
Os efectos de movemento tamén se poden acadar poñendo os personaxes ao mesmo
tamaño e, en sucesivas viñetas, ir mudando o decorado para dar sensación de avance.
Ademais, os efectos de zoom (cara a adiante ou cara a atrás) contribúen a darlle
sensación de profundidade á escena.

O avance da narración na BD constrúese mediante a secuenciación de viñetas, de xeito


que cada unha delas representa unha escena significativa do relato, obviando os
sucesos superfluos. Desta maneira, entre viñeta e viñeta prodúcese unha elipse
narrativa (temporal ou espacial). Este salto pode ser mínimo ou tan amplo que precise
dun texto de apoio para explicalo.

22
23
O verbo

O verbo é unha clase de palabra que expresa accións (bater), estados (descubrir) ou procesos
(sandar) que se realizan ou ocorren nun tempo determinado, ben sexa pasado (andei),
presente (ando) ou futuro (andarei).

Os verbos, como os substantivos ou os adxectivos, son palabras variables. A través


de distintas modificacións poden expresar número, persoa, tempo e modo.

De entre todas as palabras variables, o verbo é a única que se pode conxugar para
expresar as citadas variacións. O conxunto de todas as formas dun verbo
denomínase conxugación.

Lembra...
As palabras variables son aquelas que modifican a súa forma para expresar xénero,
número, persoa, tempo ou modo.

Na nosa lingua son palabras variables os artigos, os substantivos, os adxectivos, os


pronomes e os verbos.

24
As formas verbais. Raíz e desinencias
Os verbos expresan os seus diferentes accidentes ou flexións combinando unha raíz
ou lexema cunha serie de morfemas flexivos, denominados desinencias.

Raíz. É a unidade mínima de significado que informa da acción, do estado


ou do proceso expresados polo verbo. A raíz permite distinguir entre amar e
calar, por exemplo.

Desinencias. Son cada unha das terminacións que se lle engaden á raíz para
expresar a persoa, o número, o tempo e o modo do verbo. As desinencias
establecen a diferenza entre bebo, bebestes e beberiamos.

O número e a persoa verbais

As desinencias dan información sobre o número (cantas persoas ou seres realizan a acción do
verbo) e a persoa gramatical (quen realiza a acción).

Número. A flexión de número presenta dúas formas, singular (unha soa


persoa ou ser realiza a acción verbal): Mencía adestra o seu can; ou plural
(varias persoas ou seres desenvolven a acción do verbo): Mencía e Antón
conversan a miúdo.

Persoa. O verbo pode presentar tres persoas no número singular e outras


tres no plural. A primeira persoa reflicte a perspectiva do falante: Eu vivo no
campo cos meus avós, porque nós preferimos o contacto coa natureza; a segunda
persoa, a de quen escoita: Ti falas de máis mentres vós calades; a terceira
persoa indica de quen ou de que se fala: Ela é afeccionada á música folk, eles
prefiren a electrónica.

Podes saber a persoa e o número dunha forma verbal relacionándoa co pronome


persoal tónico que rexe esa mesma forma, da mesma maneira que nos exemplos
anteriores:

Ti andas, comes, partes ⇒ 2ª persoa do singular

Nós andamos, comemos, partimos ⇒ 1ª persoa do plural

25
Lembra...
En galego existen tres conxugacións, segundo a terminación do infinitivo:

1. Os verbos da 1ª conxugación rematan, no infinitivo, en -ar: cant-ar, fal-ar, am-ar.

2. Os verbos da 2ª conxugación acaban, no infinitivo, en -er: tem-er, varr-er, corr-er.

3. Nos verbos da 3ª conxugación, o infinitivo termina en -ir: viv-ir, finx-ir, sorr-ir.

Para indicar a conxugación á que pertence cada forma verbal, estas inclúen unha vogal
temática, aínda que nalgúns casos non se visualiza (indícase co signo Ø) ou presenta unha
variante única para a segunda e a terceira conxugacións: -e- (varr-e-s, part-e-s), -i- (varr-í-n, part-í-
a). Na primeira conxugación, pode presentar a forma -o- na terceira persoa do pretérito de
indicativo (fal-o-u).

fal-Ø-o, fal-a-rei, fal-a-bas / varr-e-mos, varr-e-rán / viv-i-amos, viv-í-a, viv-Ø-a

O tempo e o modo verbais

As formas verbais poden variar tamén para reflectir o tempo en que unha acción é
desenvolvida, ademais de indicar o modo en que esta se realiza.

Tempo. A acción verbal pode presentarse en pretérito ou pasado, presente ou


futuro.

26
Pretérito
Indica que a acción do verbo xa aconteceu:

Estiveramos naquela praia o ano pasado.

Presente
A acción verbal acontece no momento en que se encontra o falante:

Le unha novela.

Futuro
Expresa unha acción aínda non sucedida:

Pasarei mañá pola tenda de Henrique.

Modo. Segundo a forma en que o falante presente a acción, podemos


distinguir: indicativo, subxuntivo ou imperativo.

27
Indicativo
Presenta o estado ou acción do verbo como real, obxectivo e absoluto:

Uxío é o capitán do equipo.

Subxuntivo
Presenta o feito como non real, indicando dúbida, incerteza ou desexo:

Quizais visitemos o castro de Santa Tegra.

Imperativo
Reflicte un mandado, un rogo ou un consello:

Apartade esas caixas de aí, por favor.

As formas non persoais


Algunhas formas verbais non presentan flexión de ningún tipo e non poden ir
acompañadas, polo tanto, de pronomes persoais.

Estas formas son o infinitivo, o xerundio e o participio.

Infinitivo Xerundio Participio

andando, varrendo, andado, varrido,


andar, varrer, partir
partindo partido

28
Para saber máis...
O aspecto verbal indica se a acción acabou ou non. Hai dúas modalidades:

Perfecto. Indica «acción acabada»: Marchou da casa.

Imperfecto. Indica «acción sen rematar»: Xa case marchaban da casa.

29
30
31
32
Uso dos dígrafos ch, gu e nh
Como recordarás, un dígrafo é unha combinación de dúas letras para representar
un único son: chalana, aguinaldo, algunha, orballo, quinteiro, varredor.

Analizaremos agora, máis polo miúdo, tres deles:

O dígrafo ch (ce hache) representa o son de palabras como chisqueiro, bicha,


cacharela, cheiro...

O dígrafo gu (gue u) escríbese diante das vogais e, i para representar o son de


guedella ou guiso. Antes de a, o e u só se escribe g: gato, gorra, gume.

Para que gu soe /gu/ ante e, i, como en gula ou goma, cómpre escribir unha
diérese (¨) sobre o u: lingüeta, pingüín, aínda que neste caso xa non estamos
ante un dígrafo.

O dígrafo nh (ene hache) aparece sempre entre vogais. Correspóndese cun


son característico da nosa lingua que cómpre pronunciar correctamente, como
en unha, algunha, ningunha ou enherbar.

Lembra...
Á hora de escribir, cómpre ter en conta que os dígrafos non se poden separar no final da liña.
Xa que logo, son incorrectas divisións do tipo *coc–he, *perseg–uir, *dun–ha, *abrol–lar, *peq–
uena, *encer–ro.

Escoita a seguinte canción e realiza as actividades de abaixo:

33
Ataque Escampe, O último vampiro (do disco A grande
evasión).
Discos da Máquina, 2009.

34
Vocabulario

Accidente (gramatical)
subs. Modificación formal que sofren as palabras para expresar os valores dalgunha
categoría gramatical, como o xénero, o número, a persoa ou o tempo.

Cinético
adx. Relativo ou pertencente ao movemento.

Fanzine
subs. Revista editada por persoas afeccionadas sobre temas do seu interese.

Fonte
subs. Conxunto de modelos vectoriais que representan os caracteres dunha letra, con
descricións respecto á súa posición e conformación, almacenados nun ficheiro.

Manga
subs. Banda deseñada de orixe xaponesa, que se caracteriza polo feito de que a
historia é contada de forma semellante á dos filmes e polos trazos moi estilizados dos
bonecos, sobre todo nos ollos grandes e expresivos.

Nidiamente
adv. En sentido figurado, dise de algo que está moi claro e ben definido.

35
36

También podría gustarte