01pd 795947
01pd 795947
Presentación da unidade dubidar no seu uso. Neste caso, revísanse as regras de acentua
ción, mediante exercicios e coa axuda do Apéndice, que recolle
Antes de comezar este último tramo da Secundaria, será conve palabras con acento diacrítico.
niente saber algúns detalles sobre a composición do grupo. A sección dedicada ao Estudo da lingua aborda as unidades lin
Recoméndase, ademais, iniciar o curso coa avaliación inicial que se güísticas mínimas —os fonemas—; en concreto, os vocálicos (os
pode elaborar co xerador, para comprobar o nivel de coñecemen consonánticos veranse na unidade seguinte). Convén facer fincapé
tos e a homoxeneidade da clase. nas palabras homónimas que se diferencian polo timbre da vogal
Achegámonos ao libro polo monte Pindo, desde unha dobre páxina (semipechada ou semiaberta), sobre todo con aqueles rapaces e
que mostra unha ampla panorámica e proporciona información so rapazas máis instalados no castelán ca no galego.
bre este fermoso espazo natural. A información está locutada, co fin O apartado Lingua e sociedade discorre paralelo á historia da lite
de traballar a comprensión oral e tamén a expresión, pois se formu ratura, pois resulta imprescindible que o alumnado entenda cal era
lan varias preguntas para resolver en gran grupo, así como un deba a situación do galego no momento literario que se presenta nesta
te acerca da importancia de conservar e protexer o patrimonio natu unidade: a época das Irmandades da Fala.
ral. E para ampliar coñecementos, suxírese consultar a Galipedia. O estudo da Literatura arranca, xa que logo, a comezos do século xx.
A continuación, proponse a Lectura dun fragmento narrativo, tomado Nestes anos, os autores continúan a liña iniciada polo Rexurdimento
d’O corazón da Branca de Neve (de Francisco Castro), novela policial pero tamén van incorporando novidades que enriquecen as súas
e de suspense acerca de bandas criminais que fan negocio cos seres creacións. Neste marco desenvólvese a obra de escritores como
humanos. O texto analízase a través dunha batería de actividades pa Noriega Varela e Ramón Cabanillas, da que se escolleron varios
ra o seu comentario e co apoio de información teórica sobre algunhas exemplos —tanto na Antoloxía como no Comentario de texto—,
características do xénero. Ademais, se ao profesor ou profesora lle para ler, escoitar e analizar.
parece oportuno, pode invitar o alumnado a ler a obra completa, ou O Obradoiro de expresión é un espazo onde adquirir destrezas para
outra que elixan no plan lector para este trimestre. a creación literaria e non literaria, e tamén para poñelas en práctica.
En tan só unha páxina, advírtese a profundidade psicolóxica dos Así, neste primeiro taller danse unhas pautas para elaborar un traballo
personaxes; de aí que se elixise o campo semántico das formas de monográfico, que será de grande utilidade en todas as materias.
ser para o apartado de Vocabulario. Finalmente, a dobre páxina Aplica o que sabes selecciona algu
Ao longo das doce unidades do libro, farase un Repaso de certos nhas das aprendizaxes máis significativas da unidade, a modo de
contidos morfolóxicos e ortográficos que cómpre ter claros e non autoavaliación para incluír no portfolio.
Esquema da unidade
O PINDO
ANÁLISE DE
LINGUA LITERATURA PORTFOLIO
TEXTOS
Aplica o
Vocabulario Repaso Estudo Lingua e •A
literatura Comentario que sabes
da lingua sociedade no tempo das
Irmandades
•F
ormas de ser • A acentuación •F
onética (1). •O
galego no
Vocalismo primeiro terzo
Antoloxía
do século xx
«Branca de Neve» •O
texto
narrativo • O traballo
(Francisco Castro) monográfico
Comentario
24
1 O Pindo
Podes coñecer?
Trevinca, Pía Páxaro, O monte Aloia, o Parque Na-
tural do Invernadoiro… son outros espazos naturais
de gran valor ecolóxico e etnográfico. Comentade
acerca da importancia de protexelos e conservalos
adecuadamente.
Consultade na Galipedia as hipóteses sobre
a etimoloxía do nome:
1 O monte Pindo, alcumado por Otero Pedrayo Olimpo celta, http://gl.wikipedia.org/wiki/Monte_Pindo
é un macizo granítico que se eleva desde a beira do mar ata
os 627 metros de altitude. Cunha extensión de 4 629 hectá-
reas pertencentes aos concellos de Carnota, Mazaricos, Cee
e Dumbría, sitúase entre a ría de Corcubión e a de Muros e
Noia. Nas proximidades atópanse a praia de Carnota e a fer-
venza do río Xallas no Ézaro, que se precipita ao mar desde
40 metros de altura.
A abundancia de grandes bolos de pedra deu lugar a lendas
protagonizadas por monstros e xigantes. Segundo a tradi-
ción oral, no cume celebraban os castrexos os seus cultos
de adoración ao sol. Tamén se di que nas súas ladeiras hai
infinitas plantas medicinais e que a herba medra de xeito ra-
pidísimo da noite para a mañá. As parellas estériles acoden
ao lugar para conseguir ter descendencia.
Este espazo natural forma parte, xunto coa praia de Carnota,
da Rede Natura e foi catalogado como Lugar de Importan-
cia Comunitaria. Ademais, é Punto de Interese Xeolóxico.
Escoita ou le e contesta
• Que aspecto xeomorfolóxico caracteriza este monte?
• Cales son as lendas e crenzas asociadas a este espazo mí-
tico?
• Xustifica a denominación de Otero Pedrayo.
25
UNIDADE 1
1 Lectura
Branca de Neve
2 Alberte entrou no bar e o primeiro pensamento que lle veu á cabeza era que ía mal
vestido. Os fregueses daquela cafetería do barrio de Teis, en Vigo, exactamente
cinco, botando unha partida de dominó, [...] ergueron os seus cansos ollos dende
as cadeiras de skai, rotas por todas partes, para reparar naquel fulano tan elegante e
5 tan estraño que viña de entrar pola porta e a quen non viran na vida. Co dedo índice
da man esquerda subiu as lentes de pasta que lle esvaraban pola suor. Unha señora,
dunha idade imposible de calcular, achegóuselle e, antes de que ela abrise a boca,
pediu unha tónica fría, sen xeo.
Alberte recibira a chamada do Branco había dúas horas. Unha conversa que, coma
10 todas as anteriores, durara menos dun minuto.
—Quero que esteas ás seis e media no Burela, unha cafetería da rúa García Bar-
bón. Vai para alí ás seis e media en punto. Nin se che ocorra chegar tarde. Teño o
que queredes. Lévovolo a esa hora. Ou estás ou pásollo a outros.
Toda a conversa foi esa. Un soliloquio.
15 Alberte e Sonia levaban esperando ese momento había moito tempo, aproximada-
mente dous anos dende que aquel médico lles dixo que el «sabía de certos amigos que
vos poden axudar». Alberte lembra, mentres bota a tónica nun vaso de tubo gastado
que quizais algún día foi de cristal transparente, o exacto instante en que o médico
dixo aquilo. E lembra, sobre todo, as bágoas de Sonia despois do veredicto clínico.
20 Neste tempo, dende que empezaron a pagar, ao primeiro pequenas cantidades «para
iniciar a xestión», como dixera o médico, ata os case que doce mil euros que custa-
ra finalmente, case sempre pagado en cantidades enviadas nun sobre a un apartado
de correos, [...] Alberte esforzárase en repetirse que non estaba a facer algo malo. E
que, ademais, que o facía polo amor que sentía por Sonia. A súa dor era esnaquiza-
25 dora para el. [...] Amábaa profundamente. Quería que fose feliz.
E si, quizais hoxe, cando chegase á casa, Sonia podería comezar a ser feliz.
O médico comprometérase a asinar todos os papeis que fosen necesarios. Os trámi-
tes coa Administración non ían ser problema ningún. [...] Na segunda ou na tercei-
ra conversa atrevérase a preguntar pola identidade do Branco. Díxolle ao médico
30 que tiña dereito a saber quen estaba detrás de todo aquilo. O doutor recomendoulle
non facer preguntas.
Ás seis e media en punto sooulle o móbil.
—Achégate á porta. Baixa do coche e doucho.
Alberte tragou dun só grolo a tónica con xeo sen case que respirar. Deixou un bi-
35 llete de cinco euros e case que berrou, ao tempo que marchaba correndo, que que-
dasen co cambio.
Púxose na porta, co corazón a lle saír pola boca.
Un Renault Scenic azul cheo de rascaduras polas portas parou xunta el. Alberte aga-
chou a cabeza por ver algo. Saíu un home novo. Encarapuchado. Lentes escuras.
40 Traía un vulto na man.
—Alberte?
Asentiu coa cabeza.
Púxolle o paquete na man, entrou no coche e saíu a fume de carozo.
O bebé aínda tiña restos de sangue na cabeza. Tiña a boca un pouco aberta.
45 Convencido de que lle ía dar un infarto, Alberte dirixiuse co seu fillo cara ao seu
coche e o seu incerto futuro.
Francisco Castro: O corazón da Branca de Neve, Ed. Galaxia.
8 9
26
UNIDADE 1
2 Análise de textos
O texto narrativo
Comentario da lectura
Comprensión
1 Analiza a caracterización do personaxe no
• Localiza todas as referencias temporais do
pasado e ordénaas cronoloxicamente.
Análise
9 Resume o argumento. Enuncia o tema.
10 Desde o presente, o relato salta ao pasado
para dar a coñecer uns feitos previos.
• En que momento transcorre a acción? Can-
to tempo abrangue?
10 11
6 Considera que a súa actuación é un acto de amor. O seu único desexo Expresión escrita
é que Sonia sexa feliz. Alude á «dor esnaquizadora» que sofre a muller. 12 Resposta aberta.
7 Branco é o que manda, ordénalle que chegue á hora en punto, ameá
zao con que se non chega a tempo perderá a oportunidade: «Nin se Atención á diversidade
che ocorra chegar tarde», «Ou estás ou pásollo a outros». Cando o Desenvolvemento das competencias
chama por teléfono só fala el («soliloquio»).
Suxírese realizar a actividade 1 da ficha de traballo 1 no caderno
Alberte actúa con total submisión e accede a todos os requirimentos Inclusión e atención á diversidade. Tamén, a ficha 1 do Material para
do Branco, sabe que non ten máis remedio se quere conseguir o bebé. o desenvolvemento das competencias.
27
UNIDADE 1
3 Vocabulario
Formas de ser
4 Repaso de ortografía
A acentuación
Comprende, relaciona, interpreta
1 Anota os adxectivos que mellor definan os 4 Escribe o contrario destes adxectivos caracte- MMMM! ESTE VERME ESTÁ DELICIOSO!
personaxes da lectura: rizadores:
nugallán, simpática, covarde, mesquiño, fachen- RAQUEL C. PICO | ESTILOS DE VIDA
Sonia
dosa.
Alberte Aínda que o mundo da comida pode parecer un terreo de- Os insectos non van ocupar os restaurantes modernos.
5 Introduce os adxectivos do recadro na serie
Médico masiado serio para deixarse arrastrar polas modas, o cer- Vanse converter na próxima obsesión daqueles que están
que lles corresponda:
to é que está máis que marcado polas tendencias e polas preocupados pola saúde e decididos a comer de forma
Branco
modas dende sempre e por iso o que comemos vai evolu- saudable.
espelida habilidoso atrevida agradable
cionando ao longo da historia. Non hai máis que mirar as A pesar de que en Europa o de comer un insecto aínda
2 Os adxectivos seguintes poden empregarse bromista gandaina honesto testá
cartas dos restaurantes ano tras ano para ir vendo como non é unha cuestión para todos os padais, a demanda des-
nos retratos de personaxes:
a) Audaz, intrépida, ousada, … cambian os pratos [...]. Así pasamos as fases redución de tes produtos está comezando a crecer e, sobre todo, está
doce, cordial, sincero, atrevida, sensato, cínico, vinagre balsámico, a do rulo de cabra ou a (maldita sexa empezando a aparecer. A razón é que os insectos son unha
b) Afable, cortés, atenta, amable, …
irónico, sensual, sedutor, atractiva, sabichón, ela) da (noxenta) rúcula. A próxima tendencia gastronó- moi importante fonte de proteínas. [...] E tendo en con-
ledo, prudente, inxenuo, bondadosa, repelen- c) Honrado, íntegro, probo, … mica poderían ser os insectos. ta que os europeos lle dan bastante importancia ao tema,
te, delgado, listo, leal, furiosa, creativo, flexible, d) Aguda, lista, xarela, … A previsión non a atopamos nunha avalancha de avista- existe un mercado potencialmente receptivo aos insectos.
endeble, intuitiva, intelixente, cariñoso, atlético, e) Mañoso, xeitoso, … mentos de avespas caramelizadas nas cartas das gastro- [...]
sagaz, racional, lento, audaz, musculoso, covar- tabernas cool da franxa atlántica. Non. A nosa fonte para E, así, os insectos poderían converterse na próxima cousa,
f) Algareira, argalleira, …
de, triste, lánguido, malvado, melancólica, alto, esta nova tendencia alimenticia está nunha análise de mer- a pesar de que as normativas de alimentación da UE aínda
g) Nugallán, vago, gandulo, lacazán, … cado e nunha investigación completamente científica. poñen certos límites ao vender bichos para comer. Unha
simpática, rápido, tacaña, agradable, tenaz, áxil, h) Cabezana, teimuda, obstinada, … E, iso si, antes de que entredes en pánico pensando que empresa belga xa vende unha especie de paté de verme da
ecuánime, tranquila, nostálxico, xenerosa, agu-
6 Resolve os xeroglíficos e localiza a palabra que os vosos filetes do mañá estarán acompañados de ensa- carne, con sabor a tomate e a cenoria, e ten previsto lanzar
do, xusta, indeciso. ladas con ancas de escaravello, deberiamos deixar claro sabores chocolateados no futuro. O seu packaging1 é por
corresponde a cada definición:
• Busca no dicionario o significado das pala- que a tendencia é máis unha cuestión alimenticia que unha certo tan amigable que che leva a pensar que, se cadra, os
a) Autónomo, que se desenvolve por si, sen tu- cuestión gourmet. vermes non son unha tan mala idea.
bras que descoñezas.
tela nin dependencia.
• Escolle entre estas palabras e redacta unha b) Que se comporta con valentía, sen temor a
descrición positiva dun personaxe inventado. ningún perigo; atrevido, ousado.
3 Ordena as sílabas e forma a palabra que co- c) Persoa que por sabichona e resabida resulta
rresponde a cada definición: molesta.
DA-EX-VER-TRA-TI 1
Que se relaciona facilmente cos demais.
RREN-O-CO-TE
http://www.disquecool.com, 28/08/2015
Que ten ideas enxeñosas.
GAI-RO-LIZ
Que comprende axiña e sabe o que lle convén.
CHO-MA-NI
Que se desenvolve mellor coa man esquerda.
LLÁN-GA-AR 2 3
Afeccionado a gastar bromas.
CHA-LER
Que fala máis do debido.
BE-CIO-HA-LEN-SA
Que ten destreza para realizar certas tarefas.
1
Packaging: presentación comercial do produto.
12 13
28
UNIDADE 1
14 15
Solucións das actividades Baúis: u tónico en contacto con a átono co que non fai ditongo, se
nón hiato (ba-úis); e ditongo ui no que é tónico o primeiro elemento
Le, comprende, aplica (ba-úis).
1 a) Balsámico, rúcula, próxima, gastronómica. Aéreo: palabra esdrúxula (a-é-re-o).
b) Está, así, redución. Área: palabra esdrúxula (á-re-a).
c) É, máis. Saúde: u tónico en contacto con a átono co que non fai ditongo, senón
hiato (sa-ú-de).
d) Aínda, poderían.
Muíño: i tónico; i e u en contacto forman hiato cando é tónico o segundo
2 Ditongos: Europa, cuestión, padais, moi, importancia, potencialmente. elemento (mu-í-ño).
Hiatos: aínda, proteínas, europeos. Cafeína: i tónico en contacto con e átono co que non forma ditongo, se
3 Aínda: i tónico en contacto con vogal átona coa que non forma diton nón hiato (ca-fe-í-na).
go, senón hiato. 8 – Ás veces esqueces que as pombas teñen ás.
Máis: acento diacrítico (adverbio de cantidade). – Nós non sabemos facer os nós das gravatas. Hai alguén que nos
Saúde: u tónico en contacto con vogal átona coa que non forma di poida aprender?
tongo, senón hiato. – Vés ou non vés? Non ves que teño moita présa porque perdemos o
Padais: non leva acento porque é unha palabra aguda rematada en tren?
ditongo decrecente seguido de -s. – Moito te ris das miñas historias, pero ti non as dás contado mellores.
Proteínas: i tónico en contacto con vogal átona coa que non forma – Dáme esa bola de pan e ven xantar comigo.
ditongo, senón hiato.
– Queres que compre unha presa de caramelos?
Cenoria: non leva acento porque é unha palabra grave rematada en
– O oso polar tropezou na póla de carballo e rompeu un óso da pata.
vogal.
– A nós non nos gustan os cogomelos. E a vós?
4 Lúa, oído, irmáns, ataúde, réptil, constituír, saída, táboa, fémur, san
– Gústanme moito as filloas, mais xa non quero máis.
día, ruído, álbum, téxtil, anécdota, constitúe, beirarrúa, inmóbil,
prexuízo. – Se non dás durmido, cómpre que contes ovellas.
– Parece que eles non ven ben; deberían ir ao oculista.
5 Resposta aberta.
– Se non fora por vós aínda estariamos durmindo fóra.
6 Non podo deixar de mirar esta postal, aínda que con cada ollada sin
ta un novo calafrío percorréndome o corpo. Eu xa estivera nesta cida
de cando aínda era un adolescente, pero como ía imaxinar que volve-
ría atoparme aquí dez anos despois?
Atención á diversidade
7 Baúl: u tónico en contacto con a átono co que non fai ditongo, senón Actividade 3 da ficha de traballo 1 no caderno Inclusión e atención
hiato (ba-úl). á diversidade.
29
UNIDADE 1
neto neto
pega pega
5 Coloca as palabras anteriores no lugar que lles
O Instituto da Lingua corresponda segundo o significado:
/ɔ/ significado /o/ significado
Galega puxo en
a) – … erguerse máis cedo.
marcha o Dicionario póla pola
de pronuncia da lingua – … o que vostede queira.
fóra fora
galega, que permite b) – O fémur é o … máis longo do corpo.
escoitar 60 000 corda corda
– Anda un … pola serra do Courel.
palabras: http://ilg.usc.
es/pronuncia.
16 17
• Pode atopar nos recursos dixitais un esquema das unidades lingüís /ɛ/ /ɔ/ /e/ /o/
ticas e as disciplinas que as estudan. sen (tempa) bote sen (preposición) bote (do verbo
pelo (verbo (substantivo) pelo (cabelo) botar)
• Convén reflexionar cos alumnos e alumnas acerca da importancia
pelar) doce (pastel) verme (verbo ver doce (número)
—común a todas as linguas que estuden— de esmerarse na pro
verme (animal) + pronome me)
nunciación correcta dos fonemas de cada lingua; e asemade, da ne
cesidade de diferenciar os fonemas vocálicos de grao medio, tendo 7
en conta a súa función distintiva. Arma que guinda frechas. bésta /ɛ/
Animal de carga. besta /e/
Solucións das actividades
Trinta días. mes /e/
Discrimina e practica Cereais maduros. més /ɛ/
1 NEVE, NAVE, NOVE, NOVA, NOVO.
Corpo esférico. bola /ɔ/
PELO, PELA, POLA, POLO, PULO.
Pan. bola /o/
2 Corvo /ɔ/, sabor /o/, fóra /ɔ/, saber /e/, roda /ɔ/, teléfono /ɛ/, óso
/ɔ/, oso /o/. Interxección, saúdo. ola! /ɔ/
3 Ben /ɛ/, vexo /e/, ben /ɛ/, coñezo /e/. Recipiente de barro. ola /o/
Este /e/, é /ɛ/, número /u/, doce /o/.
8 /ɛ/ significado /e/ significado
Abre /a/, porta /ɔ/, fóra /ɔ/.
Cómprenme /ɔ/, bolas /o/, compre /o/. vés Verbo vir. ves Verbo ver.
Es /ɛ/, cómoda /ɔ/, queres /ɛ/, herba /ɛ/. neto Fillo do fillo. neto Limpo, puro; medio litro.
Ves /e/, bota /ɔ/, Vela /e/. pega Verbo pegar. pega Paxaro.
4
Vogal semiaberta Vogal semipechada /ɔ/ significado /o/ significado
/ɛ/ /ɔ/ /e/ /o/ póla Rama, galla. pola Pita.
présa, vén fóra, cómpre presa ,ven fora, oso fóra Adverbio de lugar. fora Verbo ser ou ir.
corda Para atar. corda Muller que ten xuízo.
5 a) Cómpre erguerse máis cedo. Compre o que vostede queira.
b) O fémur é o óso máis longo do corpo. Anda un oso pola serra do
Courel. Atención á diversidade
c ) Toma unha presa de caramelos. Hoxe teño moita présa. Actividades 4, 5, 6 e 7 da ficha de traballo 1 no caderno Inclusión e
d) Ven axiña aquí. El vén polo camiño. atención á diversidade.
30
UNIDADE 1
6 L ingua e sociedade
O galego no primeiro terzo do s. xx
Le, comprende, analiza
1 Entra na páxina da Real Academia Ga-
lega e le a información acerca das circunstan-
a) Criterio
cuantitativo
Lingua
maioritaria
Lingua
minoritaria
(moitos falantes) (poucos falantes)
cias da súa fundación.
Nas primeiras décadas do século b) Criterio Lingua Lingua
xx continúa a situación lingüística • Quen foi o primeiro presidente da Institución? cualitativo e hexemónica / minorizada
do período anterior (o Rexurdimen- • Fíxate no anagrama da Real Academia Gale- funcional (asociada á (asociada á
to). O galego é a lingua da inmensa riqueza, ao pobreza, ao
ga que aparece na páxina anterior e pescuda
maioría (80-90%) da poboación ru- poder, á cultura) atraso, á incultura)
o significado da expresión latina que forma o
ral. O castelán é a lingua das clases lema. 4 Consulta na Galipedia o Estatuto de Au-
urbanas acomodadas, da nobreza e tonomía de Galicia de 1936.
2 As Irmandades da Fala naceron en 1916
da burguesía.
na Coruña por iniciativa de Antón Vilar Ponte. • Le os artigos 4 e 15 e anota as disposicións
Esta repartición contribúe a refor- Le a información que achega a Galipedia e res- acerca da lingua galega
zar os prexuízos lingüísticos cara á ponde as preguntas:
lingua galega. O proceso de castela-
5 Analiza o contido destes textos de Sempre en
• Que xornal era o voceiro das Irmandades? En Galiza de Castelao:
nización increméntase debido a que
que data se creou? a) Ningún idioma alleo —por ilustre que sexa—
se considera o castelán como lingua
de ascenso social e a que é a lingua • En que data celebrou o primeiro acto públi- poderá expresar en nome do noso os íntimos
maioritaria na escolarización e nos co? Que acontecemento conmemoraba? sentimentos, as fondas dores e as perdurables
medios de comunicación. esperanzas do pobo galego; se aínda somos
• Cales foron as primeiras accións das Irman-
diferentes e capaces de existir, non é máis que
Neste período xorden iniciativas dades?
por obra e graza do idioma.
como as Irmandades da Fala, o
• No congreso de 1918 as Irmandades marcaron b) Como chamariamos a un home que consen-
Grupo Nós e o Seminario de Estudos Galegos, cuxo obxectivo principal é a
o seu programa político. Que obxectivos pro- tise o derrubamento do Pórtico da Gloria? Pois
reivindicación da nosa lingua como medio natural de expresión en todos os
curaban en relación coa lingua galega? é certamente máis bárbaro quen deixa morrer
ámbitos: formais e coloquiais, orais e escritos, literarios e non literarios. Isto su-
3 Analiza a situación da lingua galega e da lin- un idioma: obra de arte insuperábel, feita con
pón a súa presenza, aínda que moi reducida, no ensino, xustiza, prensa, actos
gua castelá neste período atendendo aos dous amor, con dor e ledicia polos nosos antigos,
públicos, etc. Deste modo, os usos cultos do galego vanse ampliando progre-
criterios que se indican: que recibimos en herdo e que temos a obriga
sivamente.
de enriquecer co espírito do noso tempo.
A creación de editoriais, revistas e xornais propicia tamén un notable incremen- c) O idioma imposto non logrou matar o seu
to da actividade literaria coa publicación de obras poéticas, narrativas e teatrais. idioma natural; pero logrou degradalo.
Tamén se escriben as primeiras obras de ensaio na nosa lingua, centradas no
estudo e divulgación da historia e da cultura galegas: xeografía, etnografía, ar-
queoloxía, historia, filosofía, economía, etc.
A defensa da lingua galega supuxo tamén a necesidade de elaborar un modelo
de lingua estándar, capaz de superar diferenzas locais. Os escritores procu-
ran escribir nun galego supradialectal e, para marcar as diferenzas co castelán,
prefiren empregar as voces diferencialistas (bágoa fronte a lágrima) e tamén
abundan os hiperenxebrismos (montana). Ademais, renovan o léxico mediante a
incorporación de arcaísmos (cibdade), lusismos (proprio) ou anglicismos (spor-
tivo).
En 1906 créase a Real Academia Galega, co obxectivo de fixar e depurar o idio-
ma. Tamén se escriben gramáticas (García de Diego, Lugrís Freire) e dicionarios
(Carré Alvarellos, Real Academia Galega) para mellorar o coñecemento da lin-
gua galega.
Tras varios proxectos previos, en 1936 apróbase o Estatuto de Autonomía de
Galicia, que defende a cooficialidade de galego e castelán e reivindica a presen-
za da lingua galega no ensino.
A Guerra Civil e a posterior ditadura franquista supoñen a paralización deste
proceso de dignificación e normalización da lingua galega.
18 19
31
UNIDADE 1
7 Literatura
A literatura no tempo das Irmandades
• O trasvase de poboación rural a espazos urbanos, cambiando a agricultura e
a pesca pola industria, o comercio e o sector servizos, o que supuxo o desen-
volvemento das cidades, como Vigo ou A Coruña.
• A creación das Irmandades da Fala en 1916, por iniciativa de Antón Vilar Pon-
te. O seu voceiro é o xornal A Nosa Terra. O obxectivo principal era a dignifica-
ción e promoción do idioma galego, así como a expansión do seu uso. Axiña
7. 1 A Galicia do primeiro terzo do século xx xorden novas irmandades nas vilas e cidades de Galicia (Santiago, Monforte,
A Galicia de comezos do século xx seguía sendo un país esencialmente rural e Ten en conta Lugo, Ourense, Muxía...), e tamén en Madrid, Bos Aires, A Habana... E a este
O foro era un tipo de
movemento súmanse os principais escritores e intelectuais do momento: Ra-
cun forte atraso económico. As capas superiores da sociedade correspondían
contrato agrario de món Cabanillas, Otero Pedrayo, Vicente Risco, etc.
á Igrexa e á fidalguía, que eran os propietarios da terra. O campesiñado, empo-
longa duración polo cal En 1918 as Irmandades convértense nunha organización política que formulará
brecido, continuaba tendo que emigrar a América coma no século anterior.
un propietario –fidalguía as teses do nacionalismo galego. Galicia é definida como unha nación, é dicir,
Pero no primeiro terzo do século producíronse importantes cambios políticos, e Igrexa– cedía unha
un país con raza, lingua, territorio, historia, institucións e cultura propias.
sociais e culturais, entre os que destacan os seguintes: terra a un labrego; este,
a cambio, pagaba unha En 1931, na VII e última asemblea das Irmandades, fúndase o Partido Galeguista.
• A II República. O 14 de abril de 1931 ten lugar a instauración da Segunda Repú-
renda consistente nunha Redacta o Estatuto de Autonomía, que foi aprobado en plebiscito polo pobo en
blica e comeza unha etapa de intensa actividade política e cultural. Esta etapa cantidade de diñeiro e 1936 pero non chegou a entrar en vigor por mor do comezo da Guerra Civil.
corresponderá co desenvolvemento do nacionalismo e cun extraordinario cre- nunha parte do produto
cemento da literatura. obtido (colleita). • O Seminario de Estudos Galegos, institución fundada en 1923 por estudantes
e profesores da Universidade de Santiago, asemade integrantes das Irmanda-
• O movemento agrario ou agrarismo. Trátase dun movemento reivindicativo
des da Fala. Os seus obxectivos foron estudar e divulgar o patrimonio cultural A Coruña.
do campesiñado, que se organiza e crea sociedades e sindicatos para loitar
galego e utilizar a lingua galega no ámbito científico.
pola abolición do sistema foral e pola modernización do sector agrario. Nes-
te labor destacaron especialmente a sociedade Solidaridad Gallega (1907) e • A Guerra Civil (1936-1939) e a posterior ditadura supoñen un período de si-
Acción Gallega (1910) liderada por Basilio Álvarez, abade de Beiro (Ourense). lencio e represión que dará lugar á paralización da vida política e cultural e ao
Despois de anos de mobilizacións e loita, en 1926 os foros son abolidos. retroceso de todos os avances conseguidos durante a II República.
• A decadencia da fidalguía e o nacemento da burguesía. A fidalguía perde
o seu papel preponderante na sociedade debido á abolición do sistema foral, 7. 2 A literatura nos comezos do século xx
que era a súa principal fonte de ingresos, así como á súa incapacidade para Cabeceira do xornal
adaptarse aos cambios que supuxo a Revolución Industrial. Vai ser substituída Nas primeiras décadas do século xx a literatura galega experimenta un notable cre-
A Nosa Terra, órgano
por unha burguesía chegada de fóra, dedicada fundamentalmente ao comer- cemento. Os autores recollen o herdo do Rexurdimento do século xix e van incor-
de expresión das
cio, á banca, á industria conserveira e á construción naval. Irmandades da Fala. porando novos xéneros e novas perspectivas que revitalizan o panorama literario.
Hai que destacar a creación de editoriais (Lar, Céltiga, Nós…), así como de revis-
tas e xornais (A Nosa Terra, Nós, Ronsel, Alfar…), que propician a dinamización
cultural de Galicia e posibilitan un incremento da actividade literaria na nosa
lingua en todos os xéneros, especialmente no narrativo e no dramático.
Etapas
Na produción literaria de comezos do século xx temos que diferenciar dúas etapas:
• Etapa anterior a 1916 (data de fundación das Irmandades da Fala). Caracterí-
zase pola continuación das pautas marcadas polos escritores do Rexurdimen-
to: Rosalía, Curros e Pondal, principalmente. O xénero máis cultivado segue
sendo a poesía, que se ocupa de temas intimistas, costumistas, paisaxistas,
sociais-patrióticos, etc. Destaca a figura de Antonio Noriega Varela.
• A comprendida entre 1916 e o comezo da Guerra Civil en 1936. Grazas ao labor
das Irmandades da Fala créanse as infraestruturas necesarias para a renovación
da literatura. Deste modo, o panorama literario vai ir mudando progresivamente
coa incorporación de novos autores, e a actividade literaria experimenta un gran
desenvolvemento.
Neste momento aumenta considerablemente o cultivo da narrativa, así como
do teatro e do ensaio. Destaca neste período Ramón Cabanillas.
No seo das Irmandades xurdirá o Grupo Nós, que continuará o labor de difu-
sión e reivindicación da lingua galega e dará, como veremos máis adiante, un
notable pulo á actividade literaria.
20 21
Atención á diversidade
Actividade 9 da ficha de traballo 1 no caderno Inclusión e atención á
diversidade.
32
UNIDADE 1
22 23
Atención á diversidade
Actividade 10 da ficha de traballo 1 no caderno Inclusión e atención
á diversidade.
33
UNIDADE 1
Antoloxía
Texto 1 Texto 4 Texto 5
As floriñas dos toxos En pé! Acción Gallega
A Luís Porteiro Himno
¡Nin rosiñas brancas, nin *claveles *roxos!
¡Irmáns! En pé serenos,
Eu venero as floriñas dos toxos. Irmáns! Irmás galegos!
a limpa fronte erguida,
Dende Ortegal ao Miño
Dos *toxales as tenues floriñas, envoltos na brancura
a folla do fouciño
que sorrín, a medo, entre espiñas. da luz que cae de riba,
fagamos rebrilar!
5 o corazón aberto
5 Entre espiñas que o ceo agasalla a toda verba amiga, 5 Que vexa a Vila podre,
con diamantes as noites que orballa. e nunha man a fouce coveira da canalla,
e noutra man a oliva, a Aldea que traballa
¡Oh, do ermo prezado tesouro:
as floriñas dos toxos son *d’ouro! Texto 3 arredor da bandeira azul e branca, disposta pra loitar.
10 arredor da bandeira da Galicia,
De ouro vello son, mai, as floriñas Toda humilde *belleza cantémo-lo dereito Antes de ser escravos,
10 dos bravos toxales, ¡das devocións miñas! a libre nova vida! 10 irmáns, irmáns galegos!,
Vago *xirón de brétema, atavío que corra o sangue a regos
A. Noriega Varela: «Do ermo», soberbio da irta xesta, reidora, Validos de traidores dende a montaña ao mar.
en Poesía, Edicións Xerais. fulgurante doíña de rocío a noite da Frouseira
(pazo do sol e lágrima da aurora); 15 á patria escravizaron Ergámonos sen medo!
Texto 2 5 raiola de lunar que bica o río, uns *reises de Castela. Que o lume da toxeira
Comestas polo tempo, 15 envolva na fogueira
Na taberna flor mareliña que entre espiñas chora, o pazo señorial!
xa afrouxan as cadeas...
ou das redes da araña un tenue fío,
¡irmáns asoballados
Os mozos mariñeiros da fiada toda humilde *belleza me namora. Xa o fato de caciques,
20 de xentes estranxeiras,
lémbranse rindo alleos de coidados; ladróns e herexes, *fuxe,
É un vermiño de luz o amigo caro ergámo-la bandeira azul e branca!
cheira a aceite e pemento requeimados 10 do meu nume saudoso... Antes reparo
ao redentor empuxe
¡E ó pé da *enseña da nazón galega
rustrido de xurés en caldeirada. 20 da alma rexional.
na nudez adorable dunha estrela cantémo-lo dereito
5 Conta o patrón nun corro a treboada a libertar a Terra! Antes de ser escravos,
do ano setenta, historia de afogados; que nas rosas dos vales, que *sorríen, irmáns, irmáns galegos!,
que nos mantos dos pinos, que se *engríen, 25 ¡Irmáns no amor á Suevia
e empuxándose, inando, entran mollados que corra o sangue a regos
que nas blondas do mar, que se rebela. de *lexendaria historia,
os homes dunha «lancha de enviada». dende a montaña ao val.
¡en pé!, ¡en pé dispostos
A. Noriega Varela: «Do ermo».
Pasa de man en man a xerra roiba a non morrer sen loita! Ramón Cabanillas: Vento mareiro,
10 de albariño, e namentres cae a choiva ¡O día do Medulio Edicións Xerais.
24 25
Solucións das actividades «O día do Medulio» fai referencia á heroica resistencia dos celtas
galaicos ante os invasores romanos.
Texto 1 Os «reises de Castela» son os Reis Católicos, que exerceron unha
• Metáforas: «diamantes», «De ouro vello». política centralista e fortemente represiva con Galicia.
Personificacións: «as floriñas dos toxos […] sorrín, a medo», «o ceo As alusións históricas negativas sitúanse na segunda estrofa (versos
agasalla». 13-16) e teñen como finalidade presentar un pasado histórico carac
Antíteses: as humildes flores dos toxos, que se identifican con pe terizado polas afrontas e inxustizas que padeceu Galicia. As alusións
dras preciosas (ouro, tesouro) fronte ás flores perfumadas, flores de históricas positivas (vv. 25-26 e 29-32) lembran episodios importan
xardín. Expresa a súa preferencia polas sinxelas flores que nacen no tes e heroicos da historia de Galicia, que serven de modelo a imitar.
campo, nas toxeiras. Unhas e outras son argumentos a prol da loita na procura dunha
Terra libre, digna e dona do seu destino.
Texto 3
Texto 5
• Aspectos que namoran e conmoven o poeta: «Vago xirón de bréte
ma», «doíña de rocío», «raiola de lunar que bica o río», «flor mareli • Tema: chamada aos labregos galegos para que participen da loita
ña» das xestas, tenue fío «das redes da araña», «vermiño de luz» agrarista.
(vagalume), «estrela». O poema, publicado en 1915, é o himno composto para Acción
Non lle producen emoción: rosas, piñeiros, ondas do mar, que son Gallega, asociación agrarista fundada en 1910 por Basilio Álvarez.
os temas preferidos por outros poetas. Cabanillas recolle o ideario deste movemento agrario, que propug
É un soneto. Consta de dous serventesios (catro hendecasílabos na a desaparición do sistema foral. O poema pretende a conciencia
con rima ABAB) e dous tercetos con rima CCD EED. ción dos campesiños para que participen da loita revolucionaria.
Presenta a realidade social dos labregos que traballan, sometidos
Texto 2
ao dominio do «pazo señorial» onde residen os «caciques». Os la
• Grupos de persoas que interveñen: uns mozos mariñeiros que paro bregos non se resignan a ser escravos e, dispostos a loitar contra a
lan divertidos; un patrón que lembra unha historia de afogados; uns estrutura caciquil, amosan o «redentor empuxe / da alma rexional».
homes que chegan do exterior, e, por último, a fermosa taberneira
tras o mostrador.
Anotacións
• A descrición do espazo efectúase mediante elementos visuais (a cor
roiba do albariño, as trenzas douradas da taberneira), olfactivos
(cheiros á comida que se está alí preparando) e acústicos (risas dos
mozos). O escenario interior contrasta coas inclemencias do exte
rior: choiva, vento.
Texto 4
• A «noite da Frouseira» recorda a traizón sufrida polo mariscal Pardo
de Cela, decapitado en Mondoñedo o 7 de Nadal de 1483.
34
UNIDADE 1
Comentario de texto
3 Galahaz, derradeiro, colle estreita vereda Bicado da recendente 1 Localiza no texto estas palabras e, coa axuda 7 Tamén se incorporan elementos sensoriais
que se adentra no monte, inquedante e segreda. 40 soavidade da mañán, do dicionario, explica o seu significado: que contribúen a aumentar a fermosura da
Sin espora nin lanza, sin escudo ni espada, o escudo de cruz vermella espora, lanzal, airón, valgadas verdegaias, lu- paisaxe. Localiza exemplos de:
alma e vida nun soño e no ceo a mirada, cinguido polo brazal, mia, palio, varal. a) sensacións auditivas;
5 sin coidar o malfado, dragón ni encantamento, espora de ouro calzada, b) sensacións visuais, cromáticas.
2 Este fragmento de Na noite estrelecida per-
o cabelo loiriño como airón dado ó vento, lumiosa espada na man,
tence á segunda saga, «O cabaleiro do Santo 8 A sinestesia é unha figura retórica que con-
escollido e chamado, vai ridente e lanzal, 45 o corazón esforzado,
Graal». O seu protagonista é Galahaz, cabalei- siste na asociación de dúas palabras que se
que garda o corazón puro e limpo de mal. aceso e limpo de mal,
ro da Táboa Redonda, que logo de abandonar refiren a sensacións distintas. Exemplo: «voz
[…] costa arriba, mentres zoa
o castelo de Artur, viaxa ata Galicia na procu- cálida», «cores frías».
no vento maino e levián
ra do Graal.
E Galahaz triunfante e cheo de ledicia de segreda campaíña • Localiza unha sinestesia no texto.
50 o tanguido de cristal, • Resume brevemente o argumento.
10 entrou camiño adiante en terras da Galicia. 9 No poema hai numerosas metáforas e símiles.
rube o nobre cabaleiro, 3 A estrutura temática responde ás seguintes • Identifica os símiles mediante os que se
[…] no seu soño a cabalgar, partes: presenta a fermosura da doncela.
a montaña milagreira
a) Galahaz abandona o castelo do rei Artur e • Identifica as metáforas coas que se des-
Trunfador, sempre adiante, foi rompendo camiño; do Cebreiro-Montsalvat.
viaxa ata Galicia. cribe a paisaxe nos versos 31-34. Tendo en
e rubindo as valgadas verdegaias do Miño, R. Cabanillas: Na noite estrelecida, b) Encontro coa doncela, que lle calza a espora. conta o día no que se produce a chegada
traspasou o lindeiro dun xardín encantado Edicións Xerais.
c) Continúa a viaxe e chega ata O Cebreiro. de Galahaz ao Cebreiro-Montsalvat, con que
onde todo en silenzo durmía repousado.
• Identifica os versos entre os que se sitúa celebración relixiosa se identifica?
15 Ó seu paso as roseiras cubríanse de rosas,
rexoubaban as arbres canturías mimosas, cada parte. 10 O poema combina dous tipos de versos:
e enchían de ledicia os froridos sendeiros 4 Galahaz, o heroe, representa o perfecto caba- a) Verso simple de arte menor.
bolboretas doiradas, pintasilgos trobeiros. leiro cristián, entregado ao soño ideal de con- b) Verso composto formado por dous hemis-
A carón dunha fonte, a froresta mediada, seguir o Graal. tiquios separados por unha cesura.
20 persóouselle diante unha dona encantada;
• Analiza cales son as grandes calidades do per- • Analiza metricamente a primeira e a última
de princesa de ensoño loura e gaia beleza,
sonaxe, tanto no plano físico como psicolóxico. estrofas.
o feitizo de lumia, de raíña a maxeza,
frente branca e locente de craror de luar, • Para conseguir o Graal debe manterse «puro
Podes consultar no Apéndice o
ollos meigos e verdes como as ágoas do mar. e limpo de mal». Cal é a tentación que evita
apartado «Análise métrica».
nestes versos?
25 A fermosa doncela, de xeito que namora, 5 Tamén a figura feminina aparece idealizada. 11 Cabanillas incorpora na súa poesía trazos
chegando a Galahaz calzoulle a nobre espora Fíxate nos seguintes aspectos e anota a súa propios do Modernismo. Entre eles:
e alzándose ridente tendeu ó cabaleiro caracterización:
a) Alusións sensoriais.
seus brazos que envexara a flor do laranxeiro. a) Fermosura física.
Mais, fiel ó xuramento, ó seu soño leial, b) Preciosismo verbal.
b) Carácter mítico, como as fadas celtas.
30 Galahaz alonxouse puro e limpo de mal. c) Musicalidade.
6 Fíxate agora na presentación de Galicia, que • Busca exemplos no texto.
O ceo palio de seda, aparece descrita como unha terra de extraor-
alfombra florida o chan, dinaria beleza, un auténtico paraíso. 12 O tema da procura do Graal é abon-
as nubes flecos de prata A descrición baséase no tópico do locus doso na literatura, na música, no cine... Son
e cada pino un varal, amoenus («lugar pracenteiro»), que consis- moitos lugares que afirman posuír o vaso sa-
35 o día de Viernes Santo te na idealización da natureza como un lugar grado. A tradición sinala que o cáliz se atopa
ten un maino crarexar propicio para o amor. Contén unha serie de no templo de Montsalvat, que algúns sitúan
cando á valgada dun monte elementos esenciais: no Cebreiro, en pleno Camiño de Santiago.
foi chegado Galahaz. a) vexetación exuberante e frondosa; • Investigade acerca do tema. Podedes con-
b) auga (un regato, unha fonte…); sultar estas páxinas:
c) aves cantoras; – https://gl.wikipedia.org/wiki/Santo_Graal
Santuario de Santa
María a Real do d) suave brisa do vento. – http://www.diocesisdelugo.org/ocebreiro/
Cebreiro. • Busca exemplos. grial.html
26 27
35
UNIDADE 1
Obradoiro de expresión
O traballo monográfico Citas e notas
Denomínanse textos académicos todas aquelas producións do ám- Á hora de redactar o traballo, temos que indicar as fontes (os auto-
bito do ensino que teñen como obxectivo transmitir coñecementos res e as obras) das que extraemos a información. Podemos facelo de
acerca dalgún tema ou materia. dúas maneiras: Ten en conta
Poden presentar diversos formatos: a) Reproducindo as palabras textuais entre comiñas, é dicir, escri- • Webgrafía: relación de recursos
bindo unha cita. electrónicos consultados (páxinas
– Oral (por exemplo, unha conferencia). web, blogs, portais de Internet...)
b) Resumindo coas nosas palabras e remitindo a unha nota a pé de
– Escrito (un exame, un traballo monográfico...). páxina (ou na última páxina). • Bibliografía: relación de libros
ou traballos consultados.
– Audiovisual (un documental, unha película, un informe en vídeo...). E sempre teremos que facer constar a relación de obras ou páxinas web
consultadas na bibliografía e webgrafía que pechará o noso traballo.
Fases na elaboración
Para elaborar un traballo monográfico escrito, cómpre planificar ben
Bibliografía
os diversos pasos a seguir: Na última páxina do traballo indicaremos a relación de obras consul-
1. Escoller o tema sobre o que se vai traballar e fixar os obxectivos tadas. O modo de facelo é o seguinte:
que se queren acadar. – Relación alfabética do primeiro apelido de cada autor.
2. Recoller información sobre o tema en bibliotecas, buscadores de – Os apelidos escríbense en maiúscula; a continuación, despois de
Internet, etc. coma, a inicial do nome ou o nome completo coa inicial en maiúscula.
3. Elaborar o guión cos puntos que se van tratar. – A data de publicación entre parénteses.
4. Redactar un borrador cos contidos do traballo e a colocación das – O título da obra consultada (libro, revista, DVD...) escrito con letra
imaxes, gráficos, etc., que ilustrarán o tema. cursiva.
5. Corrixir o borrador: – Se se trata dun artigo ou capítulo, o título escríbese entre comiñas.
a) a organización do contido, a claridade das ideas; – O lugar de publicación, a editorial e o número de páxinas.
b) a corrección lingüística (ortografía, morfosintaxe, léxico e contido). –N
as páxinas web indícanse apelidos e nome, título do artigo en-
tre comiñas e o enderezo completo entre corchetes angulares, así
6. Redactar a versión definitiva do traballo cun procesador de textos.
como a data da última consulta realizada. emprender
aprender
RIVA
S
Escribimos
:
mord , M .: «A
e
en E u a ling
gale
ga q un traballo
99) a, piso ua», ue
( 19 galeg Edic dios
D
, D.
R A ratur
a ións ga
Xera legos , V 1 Escolle un tema e redacta
A VE a lite .
is. igo,
un traballo seguindo os pa-
VIL ria d alaxia
to
His , Ed. G sos indicados.
o
Vig
• Podes imprimilo e enca-
dernalo.
ALONSO, N.: • Se o prefires, convérteo
«Cando digo literatura, nun libro dixital. Para isto,
sáeme Celanova»,
poden axudarte as indica-
dispoñible en
cións que se dan no Obra-
<http://www.fervenzasliterarias.com>
(27/1/2016) doiro da unidade 8 para a
creación dun folleto.
28 29
Solución da actividade
1 Actividade de creación.
36
UNIDADE 1
emprender
aprender
Cúmulos 13 Escribe un relato protagonizado por un personaxe que es-
De súpeto cesou por completo o vento que impulsaba a pobre vela esfiañada tea nunha situación límite. Por exemplo:
e a balsa ficou abaneando coas lenes ondas nunha inmensidade azul petróleo. a) Perdido na inmensidade do deserto.
Ata onde a vista alcanzaba, todo era océano diluído no ceo, ceo diluído no océa- b) Atrapado nunha sima moi profunda.
no, sen liña de horizonte. A auga potable esgotárase o día anterior e agora o
c) Navegando un tramo de rápidos nun río de montaña.
náufrago sentía só un proído desesperado nos ollos —acentuado pola suor a
escorrer coma un río pola fronte—, as chagas na pel, a molicie apoderándose
de cada músculo; na boca, unha secura de deserto. Pero aínda así cumpría re-
sistir, conservar a ínfima forza que lle restaba e aguantar, aguantar. Imprescin-
dible non perder a esperanza: en calquera momento podería pasar un barco
que o rescatase, unha avioneta, un helicóptero de salvamento... Un helicóptero.
Deixou de intentar pescar cos vellos cordóns das botas e deitouse exhausto nos
troncos, a ver pasar o ceo e, simplemente, agardar. Agardaría, manteríase vivo
con teimosía o tempo que fose preciso, ata que chegase o helicóptero. O sol
abrasaba, apenas se vían algunhas pequenas nubes. Lentamente cruzou sobre a
balsa unha coa forma da cabeza dun can. Si, parecíase bastante á Tara. Moi boa
era aquela cadela! E tan lista! Despois, outra nube caprichosa; esta semellaba
case un pé cortado á altura do nocello, coas súas dedas e todo. Talmente coma
o seu propio pé pendurando con desleixo por fóra da miserable embarcación. A
luz, branquísima, facíalle doer os resecos ollos sen misericordia, pero mesmo así
puido enxergar aínda unha curiosa nube de silueta case triangular, de aleta de
tiburón. E despois, outro tiburón. E outro. E outro. E outro.
30 31
Solucións das actividades O náufrago contempla o espazo circundante: «océano diluído no ceo,
ceo diluído no océano, sen liña de horizonte». A confusión dos límites
1 Cúmulo: nube grosa de formas arredondadas e de cor branca, máis de ambos espazos é o que explica a confusión final. Ademais, «a luz
brillante polos bordos, que parece de algodón. branquísima facíalle doer os ollos».
Diluír: facer que teña menos concentración [unha substancia que está 6 O náufrago vese rodeado polas aletas triangulares dos tiburóns, mais
disolta] mesturándoa con auga ou outro líquido. el pensa que se trata das imaxes dos cúmulos que está contemplan
do. O desenlace previsible é a súa morte, devorado polos tiburóns.
Abanear [algo, alguén]: moverse, axitarse ou oscilar sen cambiar de
lugar. 7 A descrición dun espazo de ceo-mar diluído, sen horizontes.
Proído: sensación molesta e desagradable que se sente na pel e que A descrición dunha nube que semellaba case un pé cortado á altura
incita a rascarse. do nocello, coas súas dedas e todo.
Molicie: gusto pola comodidade, polo pouco esforzo, e falta de von 8 a) Metáfora, b) símil, c) metáfora.
tade para traballar ou para pórse en actividade; indolencia, preguiza, 9 A espera confiada dun náufrago a que alguén o rescate. Pertence ao
moleza. xénero narrativo. (Funambulistas é un libro de relatos).
Teimosía: calidade de quen teima; insistencia. Teimar: insistir obstina • Resumo: resposta aberta.
damente.
10 Vista, ollos, ver, vían, semellaba, enxergar.
2 É un náufrago que está en alta mar, nunha balsa coa vela esfiañada,
11 /e/: sen, escorrer.
confiando en que chegue un helicóptero que o rescate.
3 Elementos ambientais: non hai vento que desprace a balsa; a balsa /ɛ/: pel, cadela, pé.
abanéase en alta mar. /o/: agora, boca, forza.
Sensacións do personaxe: está sedento e ten a boca seca («secura de /ɔ/: helicóptero, fóra.
deserto»), xa que se lle acabou a auga («esgotárase o día anterior»); 12 Petróleo: leva acento por ser palabra esdrúxula.
ademais, sente «un proído desesperado nos ollos» e a «suor a escorrer
coma un río pola fronte»; fixéronselle chagas na pel e está exhausto. Diluído: leva acento porque é un i tónico en hiato con outra vogal.
4 Intenta pescar cos cordóns das botas. Despois déitase para contem Á: acento diacrítico (contracción de prep. a + artigo a).
plar as nubes no ceo e descobre imaxes nas nubes que transitan polo Pé: acento diacrítico (substantivo, vogal aberta).
ceo. Un pé colga da balsa.
Fóra: acento diacrítico (adverbio de lugar, vogal aberta).
5 O escenario é o mar aberto. Un mar sen límites que se confunde co 13 Actividade de creación.
ceo.
37